Entradas por bretemas

Onte 52: DoCampo e Cobas

Despois de asistir como convidado á convención de Cultura do BNG (magnífica intervención de Teresa Moure), integreime no VIII Encontro Galego de Ilustración organizado por AGPI. Antes de participar con Manuel Gago no debate sobre a convivencia cos medios dixitais, tiven a oportunidade de escoitar a interesantísima conversa entre Xabier DoCampo e Xosé Cobas sobre […]

Onte 50: CRTVG pública

Despois de rematar a magnífica presentación do libro de ensaio de María Xosé Queizán sobre Mary Wollstonecraft Selley na nova libraría feminista Lila de Lilith, acudimos a participar na concentración en solidariedade cos traballadores e traballadoras da CRTVG, que se celebraba na praza de Cervantes. Impresionoume a claridade dos argumentos utilizados nas intervencións, a unidade […]

Onte 49: O máis estraño

Non defraudou Manuel Rivas na presentación aos medios do volume de contos reunidos. Baixo o título O máis estraño, Rivas reuniu e revisou estilisticamente os seus 81 contos, publicados en cinco libros ao longo de dúas décadas, dende aqueles primeiros dun Millón de vacas ao máis recente e inédito, «A sombra do soño», no que hai […]

Onte 48. Aspas

Sobre a lameira do Fragoso, a electricidade subminístraa Iago Aspas. Na fría noitiña de onte houbo que agardar a súa entrada para conectar a un Celta que até entón carecía de alma. Aspas é imaxinación, creatividade, velocidade, vontade, intensidade, ilusión…  e gol, ese alustro que estoura da súa biqueira ou coa súa participación. A presenza […]

Onte 47: O problema vasco

As tertulias da noite dos luns na Radio Galega permítenme ir seguindo o fío dos argumentos e das actitudes dos sectores conservadores sobre a axenda política que Luís Ojea nos propón a debate. A pasada semana centráronse en minusvalorar a Conferencia Internacional de Paz, o seu comunicado e os seus participantes; esta foi a súa […]

Onte 46: Radio Clásica

Viaxei a Lavacolla entre o lusco e fusco, rachando a primeira borrasca do outono. Por ventura, na radio do coche quedara prendida a Radio Clásica, que me agasallou sen querelo nin bebelo coa Obertura de Tannhauser de Wagner (completa) e unha boa parte co concerto número 2 para piano de Liszt. Tratábase dunha retransmisión en […]

O caso islandés

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre a situación da literatura e a ectura en Islandia, país convidado na edición da Feirado Libro de Frankfurt 2011. Advertiuno o escritor islandés Arnaldur Indridason horas antes de pronunciar o discurso de inauguración da recente Feira do Libro de Frankfurt dedicada ao seu país: “estes […]

Onte 45: Galeguismo integrador

Non o puido dicir mellor Bieito Ledo nas súas breves palabras de benvida da cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011: «durante tres décadas estes premios baseáronse no galeguismo integrador que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como fortiter in re suabiter in […]