Entradas por bretemas

Onte 160: Caballero na división española

Preguntado Abel Caballero sobre o papel do PSOE vigués no próximo congreso do PSdeG-PSOE  do 9 de marzo confesou que el «quere xogar na división española». En menos palabras pode expresarse a visión inequivocamente xacobina de quen cre sentirse politicamente máis importante xogando no terreo do chamado «socialismo español», minusvalorando de forma prepotente a organización […]

Onte 159: Sen teito

En Viena, o propietario dun burdel ofrece tres dos seus cuartos gratis aos sen teito xa que para el «neste clima frío ningúen debe permanecer na rúa». Cada mañá, camiño da oficina, atopo na parada do Vitrasa de Urzaiz a un dos sen teito do noso barrio, un vello que vive alí, diante do escaparate […]

Onte 158: Sintagma de futuro

Tras un fermoso xantar de amizade, seguín por twitter  a asemblea aberta do Encontro Irmandiño. Non me sorprendeu a marcha de Beiras e da súa xente do BNG, unha saída case inevitable tras o fracaso na asemblea de Amio do proxecto común do nacionalismo galego que eles defendían. Unha decisión que influirá na que poida adopar +Galiza […]

Onte 157: Crónicas de Homs

Mónica G. Prieto, unha xornalista de guerra, fundadora de Cuarto Poder, publica en Periodismo Humano unhas crónicas estremecedoras sobre o que está sucedendo en Siria dende hai máis de dous meses. O castigo que está recibindo a cidade rebelde de Homs é tremendo. Monica G. Prieto relata que, tras mes e medio de conflito armado, […]

Campo de Granada CXVIII

BOA REMONTADA O Celta demostrou fronte ao decano do fútbol español que tamén sabe remontar. Estragou toda a primeira parte, onde estivo tan frío coma a noitiña de sexta feira, sen expresar sobre a lameira algunha mínima idea de xogo. Foi a primeira parte decepcionante e ninguén aventuraba a goleada que finalmente se producíu. Comezou […]

Onte 156: Reforma extremadamente agresiva

Non lle faltaba razón ao ministro Guindos cando na xuntanza do Eurogrupo fachendeou da agresividade da reforma laboral que impoñería o seu goberno. Abaratar e facilitar o despido con carácter xeral, limitar a un máximo de dous anos a prórroga dos convenios, modificar a estrutura da negociación colectiva eran vellas aspiracións da CEOE que agora –xustificadas […]

Onte 155: Con Carlos Callón

Admiro o traballo teimundo e incansable de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, compañeiro de Prolingua e autor moi querido de Xerais, a prol da lingua galega, a súa defensa e o fomento do seu uso en todos os ámbitos da vida social. Indígname que hoxe vaia ser xulgado, tras ser denunciado polo […]

Onte 154: Villares gaba a Isacc

Na primeira das homenaxes a Isaac Díaz Pardo, celebrada na Cidade da Cultura e organizada pola Xunta de Galicia, Ramón Villares realizou unha intervención extraordinaria, probablemente a mellor que lle teño escoitado. O presidente do Consello da Cultura Galga falou con absoluta liberdade, claridade e beleza expresiva para facer un retrato axeitadísimo da figura poliédrica […]