Entradas por bretemas

Onte 707: Almunia, Rajoy e Novagalicia

Joaquín Almunia, o comisario europeo da Competencia, confesou por escrito á comisión de investigación do Parlamento Galego sobre a fusión das caixas que o Goberno de Mariano Rajoy foi o responsable da decisión de considerar a Novagalicia banco como entidade «non sistémica». Un eufemismo da prosa financeira tras o que se agocha a responsabilidade do […]

Onte 706: Bóveda, Lorca e Casal

Nesta fin de semana lembramos o asasinato hai setenta e sete anos de Alexandre Bóveda, Ánxel Casal e Federico García Lorca, tres figuras que representan o noso ideal republicano e galeguista. Esta coincidencia fatidica da historia, aparentemente caprichosa, é explicable polo fanatismo fascista que escolleu como opción política o aniquilamento físico dos seus contrarios. Unha […]

Viaxeiros na propia terra

No artigo da semana en Faro de Vigo propoño unha nova ollada para percorrer os vieiros vigueses. O meu admirado Xabier P. DoCampo na nota introdutoria d’ «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008) escribiu algúns dos parágrafos máis fermosos e luminosos que teño lido sobre a experiencia da viaxe. «Todas as viaxes son un […]

Onte 705: A marcha de Andrés Túñez

A máis que probable cesión de Andrés Túñez, con quen esta tempada non conta Luis Enrique, é unha pésima noticia para o celtismo. Mentres o central zurdo de Bertamiráns collerá as maletas (quizais cara a Liverpool ou cara unha cidade española, equipos non lle han faltar), o adestrador asturiano procura no mercado atopar outro defensa […]

Onte 704: Admirable Rosalía!

A súa vida relatouna co xenio e cos matices precisos o mestre Josito Pereiro. Rosalía Mera merece admiración e respecto por ser capaz de construír dende cero e cos recursos principais do traballo e da creatividade un proxecto empresarial potente como o de Zara. Mais tamén por non ter abandonado nunca nin as súas conviccións de esquerdas […]

Onte 703: Reigosa fala de García Márquez

Na presentación de onte en Compostela das edicións d’ A Galicia máxica de García Márquez Carlos Reigosa despexou algunhas das incógnitas da relación con Galicia do autor de Cien años de soledad. A primeira foi a da existencia dunha «avoa galega» do nobel colombiano, un personaxe perdido na bruma da xenealoxía familiar citado polo autor […]

Onte 702: Gabo en Galicia

Relendo onte pola tarde A Galicia máxica de García Márquez, esa fermosa lección de xornalismo de investigación de Carlos Reigosa, libro que presentamos este mediodía en Compostela, volvín sobre «Viendo llover en Compostela», o artigo memorable que o autor de Cien años de soledad publicou o 11 de maio de 1983 no diario El País. Unha excelente […]

Gramática do fútbol celeste

Con este artigo inicio a miña colaboración con MeuCelta.com que hoxe estrea nova imaxe. Os meus parabéns e gratitude para este medio celtista publicado integramente en galego. Son celtista desque meu pai me levaba a Balaídos con apenas tres ou catro anos. A miña infancia está gravada na bancada de Río do vello Balaídos, o […]

Onte 701: Dignidade

Chova ou abafe, un grupiño de preferentistas expresa todos os días a súa protesta diante das portas da sede viguesa de NGB. Coas súas buguinas expresan a indignación, tamén a impotencia, diante dunha estafa noxenta para a que, tras o anuncio do peche da arbitraxe e o inicio do proceso de liquidación, xa non atopan […]

Onte 700: «Costa da morte» ou a memoria da paisaxe humanizada

Costa da Morte, a película do vigués Lois Patiño, estreada esta fin de semana no 66º Festival de Locarno, competindo no apartado de «Cineastas do presente», xa é un dos cumes do emerxente «novo cine galego». Contando coa colaboración estreita da fotógrafa e cineasta Carla Andrade e utilizando como principais recursos creativos o plano panorámico fixo […]