Entradas por bretemas

Onte 1457: Veranciño do marmelo

Foi unha ledicia escoitar a Xabier Picallo falar no Galicia por diante da Radio Galega con Kiko Novoa e Amalia García sobre o verán de san Miguel do que estamos gozando estes primeiros días de outono. Camiño dunha xuntanza da directiva de Culturgal en Compostela o termómetro do coche subiu ao mediodía por riba dos vinte […]

Onte 1456: Catalás 27S. Os matices

Tras os resultados definitivos das eleccións catalás, chega o momento de estudar matices e establecer marxes de acción. O primeiro matiz é o de determinar a porcentaxe real de votos das opcións independentistas, 47,74 % se sumamos Junts e CUP, pero que podería superar o 50 % se engadísemos apenas un terzo dos que poderían […]

Onte 1455: Catalás 27S

Despois de chegar da asemblea da Iniciativa pola Unión, na que demos outro pasiño más no proceso tan esperanzoso coma complexo de formación dunha candidatura unitaria galega, seguimos os resultados das eleccións catalás e as súas interesadas interpretacións nos medios madrileños. Non hai dúbida que as opcións polo dereito a decidir (Junts, CUP e CatSiqueesPot) […]

Onte 1454: Triste Día Europeo das Linguas en Galicia

Coincidiu a celebración onte do Día Europeo das linguas coa notificación recibida na Real Academia Galega na que o Tribunal Constitucional comunica que inadmite o seu recurso de amparo sobre o recurso de casación relativo á sentenza do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario. Un texto de […]

Onte 1453: «Muros de aire» de An Alfaya no Café Badía

Inauguramos onte a tempada literaria de presentacións en Vigo no Café Badía dos Caños. Case un cento de persoas ateigaron o tan acolledor espazo dos nosos amigos Menchu e Marcos Calveiro para participar na estrea de Muros de aire, a novela máis recente de An Alfaya. Un excelente serán literario a cuxo inicio lembramos con gratitude […]

Campo do Fragoso CLXVII

INESQUECIBLE, MEMORABLE, HISTÓRICO Inesquecible, memorable, histórico non son cualificativos desmesurados para o sucedido en Balaídos o mércores. O Celta esmagou ao Barcelona nun partido extraordinario, quizais un dos máis completos da última década, que nos fixo lembrar a ledicia vivida nalgunha daquelas noites europeas como as da Juventus, Benfica, Slovan de Praga, Liverpool ou Ajax, […]

Onte 1452: Manuel Rodríguez Alonso

Faleceu Manuel Rodríguez Alonso, un obreiro das Letras Galegas do noso tempo. Un cancro fulminouno en apenas mes e medio. Foise coa mesma discreción coa que traballou arreo como profesor de instituto e da UNED, como lingüista, como editor, como crítico e, sobre todo, como lector privilexiado da literatura galega actual. Tremenda perda para a […]

Onte 1451: «B» de Bárcenas

B é a dramatización da declaración literal de Luis Barcenas diante do xuíz Ruf da Audiencia Nacional o 15 de xullo de 2013. Unha adaptación cinematográfica da obra teatral Ruz-Bárcenas de Jordi Casanovas, situada na fronteira entre o documental e a ficción. Película política, con inequívoca vocación de intervención, B desvela o financiamento ilegal do Partido Popular, […]

Onte 1450: Astérix. O papiro do César

Coñecéronse onte as dúas primeiras viñetas de Astérix. O papiro do César, a trixésima sexta aventura desta serie memorable de banda deseñada, que estará dispoñible nas librarías de todo o mundo a partir do vindeiro 22 de outubro. A novidade de onte foi a presentación dun novo personaxe, Bonus Promocionus, un malvado asesor de Xulio […]