Respostas para a crise das vieiras
/en Gastronomía, Medio_Ambiente/por bretemas- Antes da posta en marcha desta investigación xudicial, como funcionaron os controis preceptivos de loita contra o furtivismo por parte da Administración competente (consellarías de pesca, comercio e consumo e sanidade)?Existían indicios destas prácticas? Abriuse algún expediente sancionador? Realizouse algún tipo de inspección a establecementos de distribución ou consumo?
- Como poden asegurarse os consumidores que adquiren ou consumen produtos debidamente etiquetados e controlados sanitariamente?
- Como poden diferenciar os consumidores entre a vieira amnésica (furtiva e ilegal) e a comercializada legalmente? Cal é a trazabilidade da vieira que se pode consumir? Pode consumirse algunha vieira galega? Cal? De onde procede?
- Que medidas adoptou e adopta a Administración galega para evitar a contaminación endémica das rías (a de ferrol leva pechada dez anos), onde semella residir a causa da toxicidade deste marisco?
- Existen outras especies que padezan problemas semellantes?
Tinta electrónica
/en Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVia Leroy Gutiérrez.
E chegou Aguas de Mondariz
/en Lingua, Polémicas/por bretemasAfeitos como estamos a contar cunha polémica sobre a lingua cada semana, á cola do documento do Club Financeiro de Vigo, aparece agora o pronunciamento particular sobre o tema da empresa Aguas de Mondariz. No portal de AGAL pode lerse a correspondencia electrónica intercambiada entre responsables desta empresa e consumidores que solicitan información arredor da cuestión do uso da nosa lingua.
Fóra dos repetidos argumentos do documento do Club Financieiro (imposición do galego, dos problemas de recrutar profesionais entre 30 e 40 anos con familia… ) o fulcral do pronunciamento da centenaria empresa de augas radica en apostar polo inglés como segunda lingua: “[…] hasta los chinos pra comunicarse con el mundo la utilizan”. Unha vez máis, vencidos polos prexuízos, considérase que o galego non é unha lingua universal e que o seu uso é incompatible co aprendizaxe doutras linguas estranxeiras. Con todo, o documento conclúe expresando que a empresa continuará patrocinando e apoiando “a cultura gallega organizando eventos de literatura, teatro,música, etc, con la finalidad de promover el galego como una fuente de riqueza cultural, magia inspiracional y de melodía poética“, ao tempo que proporcionando unha xanela compasiva co futuro do noso idioma: “La tradición y la propia gente es lo que lo ha preservado y preservará esta mágica y hermosa lengua”. Todos os tópicos e prexuízos sobre a nosa lingua e a nosa cultura metidos nunha botella.
Sobre a polémica do documento do Club Financieiro continúan aprecendo textos moi interesantes. Aconsello a lectura da carta aberta de Xabier P. Docampo, o divertido artigo de Ánxel Vence no suplemento Estela de Faro de Vigo (non se pode acceder directamente na rede) e a anotación de Mario.
Menos velocidade
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Eventos, Medio_Ambiente, Vigo/por bretemasNo artigo da semana critico a celebración na ría de Vigo do Festival Aéreo e dunha proba do campionato do mundo de Powerboat P1. Creo que son espectáculos de velocidade incompatibles cunha cidade que actualmente lidera a Rede Cidades polo Clima.
Vigo 1929, 1960, 2006
/en Recurso_didáctico, Vídeos, Vigo/por bretemasGrazas aos amigos de Vigoblog coñecín estes tres vídeos do Vigo da memoria, 1929, aproximandamente cando naceron moitos dos nosos pais e 1960, cando nacemos nós. O de 2006, alén da simpática montaxe fotográfica que serve para facer algunhas comparacións, ten o engado da canción de Siniestro. Debemos agradecerllos a Carlos que os subiu ao tube.
As dúas pezas da memoria están unidas polo seu interese polo perfil da beiramar que semella para as dúas constituír o elemento identitario da cidade. No de 1929 pode identificarse a Porta do Sol, Príncipe (á altura do cárcere), os tranvías circulando por Policarpo Sanz, a praia mariñeira e porto pesqueiro do Berbés, o Campo de Granada e o castelo de San Sebastián, a fasquía da cidade dende o mar e a travesía en vapor a Cangas. No de 1960, impresiona o comezo co percorrido pola beiramar toda (un Vigo aínda aberto ao mar), o paseo de Afonso e a súa oliveira, a farola de Jenaro de la Fuente en Colón, o edificio do Tinglado General de Empaque no Berbés, Guixar, as escaleiras do Pirulí, o bulevar da Gran Vía, a recén aberta rúa Coruña cos edificios de sindicatos da praza da Indusria, o Instituto Santa Irene en Travesas, os estaleiros de Barreras, a sede do Naútico e os seus peiraos, os polbeiros do Berbés e o unha proba do concurso hípico no Campo da Florida.
A anotación de "Tio Vivo"
/en Blogs, Cómic, Imaxes, Lingua/por bretemasAgradecido a todos os participantes na anotación (que aínda pode dar de si), recollo unha viñeta de “Mortadelo e Filemón”, da que dá conta Gonzalo Vilas, na que volven aparecer os “simpáticos galleguiños”.
Recordade premer sobre a imaxe para lela con maior facilidade.
Vigo: Mercado da Laxe
/en Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemas
A esquerda da foto, ao fondo, vese a casa dos Irmans Suarez (1920), obra de José Franco Montes), onde no baixo estivo a cafeteria Sol y Mar e a casa de cambios Etchevarria. Ao seu carón, a casa de Rodrigo Sanchez Padín, obra de Pacewicz (1901) demolida a mediados dos sesenta e que hoxe é a casa construída por Bar Boo. O mercado da Laxe foi deseñado e planificado por Benito Gómez Roman e inagurado en 1905. Posiblemente a foto de Pacheco, pero publicada por PPKO, sexa de mediados dos anos vinte. A dereita xurde a insinuante silueta do edificio da Mala Real Inglesa (Durán) construído en 1912 por Jenaro de la Fuente y Dominguez. Entre a casa dos Suárez e o Mercado, está o Hotel Continental, tamén obra de Jenaro de la Fuente, o mellor de Vigo, ata que en 1904 entrou a funcionar El Moderno, obra de Pacewicz para o primeiro Conde de Torrecedeira (Manuel Barcena y Franco). O lugar do Maercado ocúpao, desde 1967/68 , o Hotel Bahia.
Premer na imaxe para vela grande.
Por que ler, se non me gusta?
/en Lectura/por bretemas- “Estrategias del deseo o trucos para leer” de Emili Teixidor.
- “33 razones para leer” de Victoria Fernández.
- “Os dereitos imprescindibles do lector” de Daniel Pennac.
- “Como no ganar el Premio Nobel” de Doris Lessing.
- “Ler e animar a ler: retos á paixón” de Xosé Antón Neira Cruz
Nos vindeiros días, completaremos esta anotación, importante para o arquivo.
Estravagante Club Financeiro
/en Lingua, Polémicas/por bretemasHai case dous meses expresei a miña preocupación polo feito de que unha parte da nosa clase empresarial se deixase agarimar polos brazos castelánofobos. Desgraciadamente a información da que dispoñía daquela non estaba errada. Onte o presidente e o xerente do Club Financieiro de Vigo deron a coñecer un documento (vinte páxinas, poden baixarse en pdf) no que defenden con escasas matizacións as posicións da asociación Galicia bilingüe (e do Partido Popular) sobre o emprego do galego no sistema educativo, ao tempo que aproveitan para realizar estravagantes afirmacións sobre os prexuízos que para competitividade das empresas e para a fragmentación dos seus mercados supoñen normativas lingüísticas semellantes as de Galicia.
É moi significativo que o documento do Club Financeiro de Vigo (asinado no mes de xullo) apareza coincidindo co inicio do curso escolar (máis leña para a fogueira!), cando é clamoroso o silencio desta entidade sobre cuestións que lle serían propias a un colectivo empresarial, como, os efectos da crise económica, as deficiencias do noso sistema educativo ou por citar outro exemplo que me puxo esta mañá un bo amigo nun correo, “a sangría de profesionais novos e preparados que cada ano marchan a moreas de Galicia, entre outras cousas, pola incapacidade deses empresarios de crear un tecido produtivo que os acolla”.
Con todo, a pesar de utilizar argumentos resesos, enchidos de prexuízos, falsidades e lugares comúns, debemos recoñecer que o Club Financieiro de Vigo abre con este documento outra liña de argumentación moi novidosa e audaz na loita castelanófona contra a normalización da nosa lingua: “a política lingüística dana a competitividade das empresas” (o que imaxinamos supoñerá que ao longo prazo tamén será para os membros deste distinguido club de empresarios a causante do aumento do paro, do peche dalgunhas empresas e do decrecemento do PIB en Galicia…) ou “prexudica a internacionalización das nosas empresas”. Con esta liña de argumentación volvemos, sen dúbida ningunha, ás posicións lingüísticas asumidas antes da Constitución (da que por certo no documento non se cita nin o seu artigo nº 3): “Falar galego pode emprobecernos”, “Falar galego aumento o desemprego”, “Falar galego prexudica o futuro das empresas”, “Falar galego baixa as vendas”, “Falar galego… “. Pobre lingua proletaria do meu pobo causante de todos os males que sofre ou pode sofrir no futuro a economía nosa! Isto xa é o delirio.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.