A anotación de "Tio Vivo"

Agradecido a todos os participantes na anotación (que aínda pode dar de si), recollo unha viñeta de “Mortadelo e Filemón”, da que dá conta Gonzalo Vilas, na que volven aparecer os “simpáticos galleguiños”.
Recordade premer sobre a imaxe para lela con maior facilidade.
Eu non recordo de ler nada en galego nos tebeos, e iso k por akelas datas xa logo saberia leer.O dito: ..tempos akeles.
A.Coruñes
A presencia de decenas de miles de emigrantes galegos na Barcelona daqueles anos onde tiña sede (e ten) a mítica Bruguera ten que ver con estas viñetas.
E, xaora, comparto o pracer do post mencionado.
Divertido o “eixo” no medio do falar dos galegos e o “u” para o “o” aberto.
Panduriño, tal é como o usan na miña casa, é un coitado do que alguén se aproveita. O que é sorprendente é que a palabra “pandur” ten un significado semellante en serbio!
Idem co koruño chukel, que en serbio significa exactamente o mesmo!
Cantos iugoslavos habería no Panduriño FC? Gudelj, Ratković…?