«Libro aberto», noutro horario, por favor!
/en Libro, Televisión/por bretemas
Na madrugada de onte comezou outra nova tempada de Libro aberto, o magnífico programa de libros da TVG. A verdade que son de agradecer as mellores introducidas, sobre todo a de levar o programa fóra do plató (a entrevista a Manuel Rivas gravouse na imprenta Litonor de Santiago) a espazos vencellados coa cultura do libro. No entanto, resulta decepcionante o horario do programa, nada menos que a unha e media da madrugada do domingo para o luns. Hai que ser un auténtico heroe para manterse de pé a esas horas agrandando toda unha semana de chollo. Xa sei que me van dicir que se pode ver en Internet (mais hoxe luns á tarde, cando escribo esta anotación, o programa de onte aínda non subiu á rede). Nunca entenderei a teimosía dos programadores da TVG de ubicar este programade indubidable interese para máis de vinte mil persoas a esas horas. Non sería posible adiantalo un chisquiño, por favor!Bravo, Suso!
/en Autores, Polémicas/por bretemasCultura democrática
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.
Steiner, non é todo ouro de lei
/en Lingua, Polémicas/por bretemas
Ten razón Xabier Cordal, as desculpas de Steiner están cargadas de dinamita. Se ben «pide sinceras disculpas» e admite que as súas declaracións sobre o galego foron froito dun «comentario irreflexivo», a continuación afirma que a súa foi «unha resposta ó chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España», o que non ven máis que agravar a polémica. Que entende o profesor de Cambridge por «chauvinismo rexional»? Para el o uso das linguas oficias españolas ameaza a «unidade de España»? Hai veces que é mellor ter a boca calada, xa que se pretendía desculparse por «irreflexivo», agora este comentario máis meditado semella moito máis grave (considerar as linguas oficiais españolas como ameaza é outro disparate). A verdade é que os prexuízos culturais e a visión política deste señor non dan máis de si. Creo que é estéril continuar tirando dese fío, ben sabemos que non é todo ouro de lei.
Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia as recomendacións que diversas persoas da cultura galega fariamos ao señor Steiner para desmontar os prexuízos sobre a nosa literatura. Un interesante canon espontáneo das nosas letras.
Actualización (21-09-2008): «Steiner, no; nosotros», Suso de Toro. Un artigo moi recomendable e clarificador.
Libros baixo demanda
/en Libro, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVía Leroy Gutiérrez.
Desculpas
/en Blogs/por bretemasEsperpento
/en Lingua, Polémicas/por bretemas
Impresionante! A noticia é mellor que a maioría das páxinas de humor de Ozú! Esta xente toleou de tanto reiterar a súa mentira.
A forza das minorías
/en Eventos, Literatura infantil e xuvenil/por bretemas
Un grande acontecemento para Galicia e para a nosa LIX. Quedan dous anos de duro traballo.
Vigo, a cidade perdida
/en Arquitectura, Recurso_didáctico, Vigo/por bretemas
Opaco montou este formidable álbum de Picassa no que se recollen duascentas fotos dos arquivos dos fotógrafos vigueses da memoria (Prosperi, Pacheco, Llanos, Magar). Unha fonte de memoria para a nosa cidade de sal. Beizóns.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.










