Steiner, non é todo ouro de lei

Ten razón Xabier Cordal, as desculpas de Steiner están cargadas de dinamita. Se ben «pide sinceras disculpas» e admite que as súas declaracións sobre o galego foron froito dun «comentario irreflexivo», a continuación afirma que a súa foi «unha resposta ó chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España», o que non ven máis que agravar a polémica. Que entende o profesor de Cambridge por «chauvinismo rexional»? Para el o uso das linguas oficias españolas ameaza a «unidade de España»? Hai veces que é mellor ter a boca calada, xa que se pretendía desculparse por «irreflexivo», agora este comentario máis meditado semella moito máis grave (considerar as linguas oficiais españolas como ameaza é outro disparate). A verdade é que os prexuízos culturais e a visión política deste señor non dan máis de si. Creo que é estéril continuar tirando dese fío, ben sabemos que non é todo ouro de lei.

Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia as recomendacións que diversas persoas da cultura galega fariamos ao señor Steiner para desmontar os prexuízos sobre a nosa literatura. Un interesante canon espontáneo das nosas letras.

Actualización (21-09-2008): «Steiner, no; nosotros», Suso de Toro. Un artigo moi recomendable e clarificador.

4 comentarios
  1. lándoas ou casas
    lándoas ou casas Dice:

    Concordo. E pola miña parte xa me comprometo a ir pechando a carpeta.
    Pero hai algún complemento menor:
    – reafirmo que nada do que aquí pasa chega a Steiner por vía directa;
    – insisto no protagonismo dos intermediarios e nos elos da cadea: a reacción de Steiner non é ao que dixemos nós por aquí senón ao que lle di Cruz e ao que lle di Baltasar, talvez tras escoitaren os ánimos conciliadores de Rivas;
    – Steiner accede á realidade cultural e política galega desde o discurso homoxeneizante dos medios ditos “nacionais”;
    – non entendo que as desculpas se dirixan ao PEN e só ao PEN;
    – entendería menos que o PEN se sumase agora a ese clima;
    – sobre o equilibrio e a continuidade histórica dos estados europeos: Steiner ten un caso serio uns km ao norte do seu xardín, e pode que diso saiba algo máis que do noso;
    – creo que os editores cataláns de Steiner estarán algo preocupados.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    “Para el o uso das linguas oficias españolas ameaza a «unidade de España»”.
    Por más lecturas que hago de las ‘disculpas’ de Steiner no encuentro dónde dice que las lenguas oficiales amenazan nada.
    A ciertas edades podemos admitir comentarios desafortunados; el aplicarles ironía fina fortalece la convivencia y desactiva espadas.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Para os “buenistas” que cren que “todas as linguas/culturas son respectables”, aí tedes: o que conta é a “pela”. Steiner ten editor catalán. Invítano a Cataluña, chupa da cano(i)a das conferencias “y se lo lleva calentito”. Nestas condicións, a cultura catalana é macanuda e todos os demáis somos chauvinistas e separatistas (xa nos gustaría!), e canto máis lonxe de “Uropa” esteamos, máis chauvinistas e cativos literariamente seremos.

    Se tiveramos un algo de autoestima como pobo, mandariamos á merda a este suxeito e aos que lle dan cobertura no País de la Españas. Directamente. Sen desculpas.

Los comentarios están desactivados.