As sondaxes e o BNG
/en Política/por bretemasAsí as cousas, non hai dúbida de que o grande risco do BNG é chegar a sufrir a “síndrome Orozco”, perdendo parte dos seus apoios a prol do cabalo gañador que supón contar coa presidencia. Con todo, esa posibilidade dilucidarase moito máis adiante. Non teño dúbida de que no goberno galego quen faga ben o seu traballo e amose unha posición máis xenerosa e colaborativa co seu socio, será quen tire os mellores réditos electorais. Con esa perspectiva honesta e corresponsable deberían traballar os nacionalistas.
Campo do Fragoso XIII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasCANDIDATURA EUROPEA
A pesar de non realizar un encontro de grande beleza, onte o Celta presentou por vez primeira a súa candidatura europea vencendo a un dos seus rivais directos nesta difícil pelexa. A falta de quince xornadas para o remate da tempada, o obxectivo da permanencia (contar con corenta puntos) xa está practicamente no peto. Un éxito formidable. O que queda agora por diante aos de Vázquez é facernos soñar coa volta á UEFA e mesmo chegar a recuncar na Liga de Campións. O Villareal, aínda mermado polas ausencias de Riquelme e Sorín, a endiañada parella porteña, controlou de forma egoísta a pelota, levando a iniciativa do xogo e desbordando polas bandas, sobre todo na primeira parte, á defensa local. Porén, o Celta, moi ben organizado e seguro polo centro, foi quen buscou o gol con maior convicción por medio de veloces contragolpes dirixidos por Borja Oubiña, outra vez, o noso xogador máis valioso. O mediocentro vigués axigántase en cada xornada. Onte recuperou no centro do campo os balóns que quixo, facéndoo coa elegancia e precisión propias dun malabarista; cortou as xogadas perigosas no momento oportuno; distribuíu, a unha e outra banda, con maior profundidade e veleno atacante que noutras ocasións, converténdose na referencia imprescindible para os seus compañeiros que o buscaban para procurar acougo e manter o tempo de xogo. Mágoa, que no derradeiro contragolpe non atinase no seu xenial remate, deixando a pelota lixeiramente esterada á esquerda. Se chega entrar, Balaídos quedaría definitivamente rendido aos seus pés. Non me cabe dúbida que ese momento chegará.
Nova etapa política
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemasPeche do VIIº Salón
/en Eventos, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasHoxe asistín ao peche do VIIº Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde se fixo unha homenaxe á desaparecida María Victoria Moreno. É un feito indiscutible que esta salón, organizado polo concello, pola ASPG e pola asociación Máislibros, xa está absolutamente consolidado. Gustáronme moito as exposicións e as instalacións, sobre todo a de traballos escolares e a titulada Plantado libros, unha mostra de ilustradores galegos preparada por AGPI.
Os organizadores, un equipo de profesores numeroso e ben cohesionado, non ocultaban a súa satisfacción. Ben a merecen, o seu traballo énchenos a todos de orgullo.
O cartel é de Patricia Castelao, unha marabilla, como todos os traballos que prepara!
E como cousa de encantamento…
/en Imaxes, Política/por bretemasPenúltimos
/en Lectura/por bretemasÉ incuestionable que en cuestión de lectura o cambio non chegou a Galicia e seguimos recuando (non esquezamos que hai anos case chegamos a estar na metade da táboa). Unha realidade que pretende modificar o Plan de lectura en elaboración (onte tivemos unha nova reunión da comisión redactora). Elevar o índice de lectura da cidadanía, fomentar a lectura con especial atención de lectura en galego, mellorar a presenza social do libro e a lectura e favorecer a formación dos mediadores da lectura son os catro grandes obxectivos deste plan que pretende, tras a aprobación da Lei do libro e a lectura antes do verán, iniciar unha grande mobilización social (a famosa “insubmisión lectora”).
Creo que mais que lamentarse seguido e verse ao embigo nos interminables debates cainitas sobre o estado do noso sector editorial (onde hai xente que manexa sen pudor moitas falsidades), o primeiro reto do sector do libro é o de promover o beneficioso hábito da lectura na sociedade galega. O demais é seguir dándolle voltas a un muíño que non move vento ningún.
Maraxe
/en Librarías/por bretemasO libreiro de Maraxe é Lito, o que fora dianteiro centro daquel inesquecible “Celta galego” de Costas, Manolo e Villar. O traballo deste libreiro futbolista demostra que aínda é posible concibir a libraría como un espazo comercial e, ao tempo, referente cultural e punto de encontro dunha comunidade. Cun fondo moi digno, espazos especializados en literatura galega e para os pequenos e, sobre todo, moita iniciativa cultural Maraxe é hoxe o referente do libro no Morrazo. Beizóns para este libreiro fantasía!!!
Metáforas visuais
/en Artes Visuais/por bretemasAlucinante MacGyver
/en Vídeos/por bretemasMeu amigo Pedro (que se tivese un blo sería un monstro da rede) envíame este enlace dun comezo dun capítulo de MaGyver de rescate no País Vasco. Recomendo velo (son oito minutos) e despois facer comentarios. Alucinante!
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.