Suspensión do proceso
/en Política/por bretemasO fracaso deste proceso (no que se comprometeron todas as forzas políticas, coa excepción, seguramente interesada, do PP) foise evidenciando dende hai meses pola aparición da kale borroka, da extorsión e, agora, polo brutal atentado. Fracaso do que se poderían tirar algunhas conclusións para o futuro:
1. A inexistencia de interlocutores fiables tanto dentro da organización terrorista (o atentado amosa que a comunicación que se mantivo con “responsables” de ETA non o era) como, e non é menos importante, do seu entorno político. As patéticas declaracións de Otegi amosan que nin el nin a súa organización poden ser considerados como auténticos interlocutores políticos, apenas uns voceiros da organización armada. Sen esta interlocución ao máximo nivel e sen a vontade acreditada de rexeitar a violencia por parte de Batasuna é imposible reanudar proceso ningún.
2. Non hai posibilidades nin garantías de éxito para un proceso rexeitado polo principal partido da oposición. Entendo que o maior erro de cálculo de Zapatero foi minusvalorar a negativa a participar no proceso do PP (que agora, a apupado polo seu entorno mediático, tratará de tirar réditos da súa profecía cumprida). Se houbese posibilidades de reanudalo, para o que se requeriría un cese permanente e acreditado da violencia, sería unha condición indispensable incorporar ao PP no acordo do resto dos partidos democráticos (o que semella moi difícil que se produza no que queda de lexislatura).
3. Aínda que para algúns sexa moi duro admitilo, o único punto final para o terrorismo etarra pasa pola negociación. Corenta anos demostran que non existe posibilidade ningunha de acabar de forma definitiva con ETA por medios exclusivamente policiais. A paz haberá que acadala con medidas políticas e coa vontade e unidade de todos os demócratas para facela posible.
4. A maioría abrumadora da sociedade vasca (e, por suposto, do resto das comunidades españolas) rexeita frontalmente a violencia e anhela esperanzada a paz. Esta determinación é a que levou ao Presidente a sobrevalorar as posibilidades de éxito do proceso. Un exceso de confianza que no futuro, se volve presentarse a oportunidade, haberá que evitar. Todas as cautelas serán poucas.
A forza da palabra
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Efemérides, Eventos, Exposicións, Lingua/por bretemasNo artigo da semana recomendo a visita á exposición instalada na Fundación Caixa Galicia con motivo do centenario da Academia Galega. Sería magnífico que se puideron ler na rede máis contidos (sobre todo as imaxes) desta mostra memorable.
Océano Sobral
/en Artes Visuais, Exposicións/por bretemasAntón Sobral é o noso vixía do mar. Moi poucos pintores posúen a precisión da súa mirada sobre o horizonte mariño, apenas unha liña finxida onde as xerfas das ondas debuxan o seu antollo océanos. Nas súas mariñas sen referencias non hai nostalxia nin dramatismo por que as ardentías arrecenden o sabor salgado das gamas dos azuis. Volve a pintura de tenra fondura, a comuñón do ser humano co seu amigo o mar.
Feliz 2007!
/en Vídeos/por bretemas
Súmome a estes fermosos parabéns (Vía Manolo Gago).
Galiza-Ecuador
/en Fútbol, Vídeos/por bretemasFutbolistas emigrantes
/en Fútbol, Selección_Galega, Sociedade/por bretemasIniciativa Man de Camelle
/en Artes Visuais, Cultura, Efemérides, In memoriam/por bretemasOportunísima a páxina de hoxe de La Voz de Galicia recordando o cuarto aniversario do falecemento de Man de Camelle. É inxustificable o esquezo por parte das institucións públicas galegas (dende a Consellaría de Cultura, a Deputación da Coruña ata o propio concello de Camariñas) dunha figura que simbolizou, como poucas, a comunión do home co mar e a coherencia radical dunha persoa coa súa conciencia. Poñer en valor o legado artístico do seu Museo, como reivindica Xoán Abeleira no seu libro e como esixen os milleiros de asinantes da Iniciativa Man de Camelle, é un acto de estrita xustiza e de autoestima da sociedade galega que se mobilizou contra o chapapote. Man merece non ser esquecido.
O Vigo da movida
/en Música, Vídeos, Vigo/por bretemasBalance dun ano cultural
/en Cultura/por bretemasInterrogado sobre as exposicións máis salientables do ano contestei que foran varias as que me interesaran moito: a do centenario da RAG, a organizada pola Consellaría de Cultura con motivo do Ano da Memoria e Urbanitas do Marco.
Por último, expresei como o meu maior desexo para o vindeiro ano no eido cultural a posta en marcha da revolución lectora prevista tras a aprobación recente da Lei do Libro e da Lectura de Galicia.
Son consciente que quedaron foron moitas outras importantes cuestións desta ano cultural, dende a decisión anunciada hoxe sobre a Cidade da Cultura, pasando pola nosa indixencia bibliotecaria, ata as dificultades de consolidación da nosa industria cultural. Como é adoito preferín salientar nestas declaracións os feitos que entendo máis positivos (o que non quere dicir que non sexa consciente da existencia de moitas decepcións e insuficiencias no noso tecido cultural), quizais influído por aquilo que escribiu Borges: “a súa memoria era un precioso museo de literatura. Gostaba de gabar…”. Hai tempo que optei por asumir este principio e compartir cos demais os goces que a literatura, a música ou as artes nos van proporcionando.
Actualización (31-12-2006): A reportaxe de Faro de Vigo.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Canela!8 de Decembro de 2024 - 11:16 a.m.
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.