Volve o detective Dopico
/en Autores, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemas Sei que os moitos seguidores de Diego Ameixeiras agradecerán coñecer a noticia de que hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares d’ O cidadán do mes, a súa segunda novela. Horacio Dopico, o detective máis canalla da literatura galega, desta volta enleouse cun caso onde nin a dobre moral nin a corrupción son patrimonio exclusivo da clase política.
Estará nos andeis das librarías a vindeira semana.
Urbanitas
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións/por bretemasSobre a exposición hai unha magnífica reportaxe en culturagalega, incluíndo un completo backstage fotográfico sobre a montaxe e produción dalgunha das obras.
Paga a pena coñecer tanto as obras na rede como vivilas no museo.
A foto é de Xosé Manuel Lens.
Agustín, escritor do mes
/en Autores/por bretemas- Sempre digo que se os meus libros para mozos, se non poden ser lidos por adultos con interese, entón é que non valen a pena.
- Os grandes libros de todos os escritores acaban sendo recomendacións para os lectores novos, aínda que cando foron escritores non tiveran esa intención.
- Os prexuízos sobre a literatura galega son os mesmos da lingua. Empréganse os mesmos criterios para tratar á literatura que para tratar á lingua, se a lingua galega é segunda lingua, a literatura galega só pode ser segunda literatura.
- En Galicia facíanos falta un John Berger que reivindicase o rural.
- Creo que ao sistema educativo que temos lle falta unha maduración porque segue tendo o esquema da educación pechada, sen en ter en conta a individualidade dos rapaces á hora de educalos.
O galego, un deber
/en Lingua/por bretemasO deber de coñecer o galego xa estaba presente na Lei de Normalización Lingüística de 1983 e foi retirado por sentencia do Constitucional no ano 1986 (por mor do recurso presentando por Domingo García Sabell, daquela Delegado do Goberno de Felipe González e presidente da Academia Galega). Este deber, a pesar desta sentencia, xustíficase co dereito de igualdade dos cidadáns, que toda a lexislación debe garantir.
O recoñecemento deste deber da cidadanía é o garante do cumprimento efectivo dos dereitos lingüísticos, tanto no que atinxe ao ámbito público como ao privado, ao mundo empresarial como ao da xustiza (os eidos onde o galego ten maiores dificultades para ser desvelado). A consolidación deste deber aseguraría, tamén, a consolidación do galego como lingua xeral de referencia nas Admnistracións Autonómica, Locais e do Estado en Galicia, así como a obrigatoriedade de que os funcionarios ao seu serizo posuísen capacitación necesaria para o seu uso.
Outrosí, sucedería coa Carta de Dereitos lingüísticos da cidadanía galega que permitiría garantir a posibilidade de vivir en galego a quen o desexe, sabendo que conta con amparo efectivo da lei e das institucións. Penso que esta Carta debería garantir:
- O dereito da cidadanía a recibir a educación en lingua galega como vehicular no ensino non universitario;
- O dereito da cidadanía a expresarse e ser atendidos sempre, tanto oralmente como por escrito en galego, eliminando calquera atranco no exercicio deste dereito,
- O dereito da cidadanía a recibir información pública en galego
Considero que estas son dúas condicións irrenunciables e, como se demostrou no caso catalán, totalmente asumibles polo actual marco constitucional. En cuestión de lingua, non podemos pasar por menos.
Letra G
/en Tipografía/por bretemasTipos duros
/en Tipografía/por bretemasDébolle ao agardado regreso de Lolo o coñecemento desta extraordinaria páxina. O coñecemento tipográfico é unha das ferramentas primeiras do editor que concibe o seu traballo como artesán do libro. Recoméndoa vivamente como fonte inagotable de coñecemento, xa for da historia da tipografía e dos mestres tipógrafos, como guía para o tratamento dos tipos e a composición equilibrada da páxina, ou, xa for como un xeito de manterse actualizado sobre as novidades e tendencias en tipografía e deseño editorial. Unha páxina que para os profesionais da edición debe constituír un enlace permanente. Parabéns agradecidos aos seus autores.
Nota dos editores
/en Edición, Editores/por bretemasOutro dato clave: 15%
/en Comercio do libro/por bretemasCompletando o post de onte, convén saber que o libro galego supuxo en 2004 só o 15% das vendas do libro realizadas en Galicia (22 millóns de euros de 144).
Noutras palabras de cada vinte persoas que entran nunha libraría só tres mercan un libro galego.
Mercamos poucos libros e aínda menos na lingua nosa. Queirámolo ou non, creámolo ou non (xa que hai comentaristas que semellan dubidalo), esta é a dimensión real do mercado do libro galego.
Non o esquezamos: 15% e 47 € son as nosas actuais medidas.
O dato: 47 €
/en Comercio do libro/por bretemasTen moita razón Náufrago lamentando o escaso consumo de produtos culturais da poboación galega. Os datos presentados polo Ministerio de Cultura son contundentes: no ano 2004 cada galego gastou en cultura unha media de 160 €, moi lonxe da media estatal de 224 €. Un índice que nos sitúa nos tres últimos lugares entre as Comunidades Autónomas, superando só a Castela-León e Extremadura.
Dificilmente poderemos desenvolver un sector de edición competitivo e unha rede de librarías de cultura tupida e de calidade en Galicia cun mercado interior do libro tan perezoso (a pesar de contar con lingua propia) e raquítico. Ampliar este mercado, a base de lectores e lectoras, semella a prioridade da nosa política cultural. Sen apostar por cocer máis pan da cultura, o demais será seguir botando foguetes para a galería. Ou non?
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.