Letra G

Ao fío do meme anterior (escríbese así?), Ian sinala outro enlace tipográfico moi interesante, o blo do galego Óscar Otero, que xa coñeciamos. Alí, pódese acceder, entre outras moitas, a tipografía Gallaecia Castelo de Carlos Núñez (9 €) e consultar un amplo panorama das noticias sobre tipografía na rede. Comparto a súa admiración polo carácter humano da Garamond, a tipografía que (quizais, obsesivamente) máis utilizamos. Este weblog é moi recomendable e cunha aparencia e navegación modélica. Óscar demostra que a tipografía é a base do deseño gráfico.