Outro dato clave: 15%

Completando o post de onte, convén saber que o libro galego supuxo en 2004 só o 15% das vendas do libro realizadas en Galicia (22 millóns de euros de 144).
Noutras palabras de cada vinte persoas que entran nunha libraría só tres mercan un libro galego.
Mercamos poucos libros e aínda menos na lingua nosa. Queirámolo ou non, creámolo ou non (xa que hai comentaristas que semellan dubidalo), esta é a dimensión real do mercado do libro galego.
Non o esquezamos: 15% e 47 € son as nosas actuais medidas.

3 comentarios
  1. galeidoscopio
    galeidoscopio Dice:

    Conviria, logo, centrarse na calidade da selección dos títulos editados ou na “exceléncia”, se calhar, na relación cos destinatários —tanto reais como potenciais— e cos produtores de bens culturais.
    Penso que xa houbo tempos peores.
    Saúde.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Podo equivocarmen, pero vender un 15% de libro galego tampouco é tan malo. Habería que considerar que no 85% restante vai a inxente cantidade de traducións de obras do inglés, francés, etc… que se atopan en castelán e non en galego. ¿Cal é a oferta das editoras galegas en tradución de novidades extranxeiras? Ata a chegada de Rinoceronte, moi escasa. Tamén é un dato a ter en conta: nunha edición normalizada debería atoparse facilmente traducións de outras literaturas.

  3. TXARI
    TXARI Dice:

    convém se cadra abrir un proceso de diálogo en todos os medios tal como se fai co estatut, para que vejamos realmente que os cartos que gastamos nom som precisamente para o que máis convinha…

Los comentarios están desactivados.