Animar a lectura pola radio

Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa lectura.

Premendo en cada título podemos escoitar os programas dedicados a Cidades de Fran Alonso, A rebelión dos coellos máxicos de Ariel Dorfman, A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey e Mal de escola de Daniel Pennac (programa no que participaron dous profesores do centro).

Os nosos parabéns ao alumnado participante e á comunidade educativa de Pazos de Reis por tan fermosa iniciativa.

«Internet está cheo de lectores e baleiro de libros»

Esta entrevista a Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e especialista en temas de lectura e formación literaria para mozos, é moi interesante. Paréceme moi lúcidas as súas relexións sobre os novos xeitos de lectura dos nativos dixitais (os nenos e mozos de hoxe en día). Comparto moitas das súas afirmacións, que me parecen luminosas:

La acción «leer» forma parte de diferentes disciplinas donde creo que entran desde los gestores culturales hasta los economistas de la cultura, desde los mediadores a los políticos, desde los autores a los diseñadores gráficos, desde los abuelos a los bebés.

Leer es un proyecto social común donde todas las voces aportan nuevas miradas.

Internet es un medio lleno de lectores y vacío de libros, y hay que ver cómo lo llenamos.

Porque leemos y pensamos sabemos que la vida, la historia de nuestras vidas, es un fluir continuo de cambio y de renovación, pero siempre desde el conocimiento del pasado. Y todo eso requiere lecturas y requiere pensamiento. Y eso requiere tiempo. Tiempo para intercambiar ideas y nuevas lecturas, tiempo para proyectar el futuro, tiempo para escuchar lo que dicen otros, tiempo para construir los propios discursos y compartirlos, discutirlos con otros. Y paciencia para ser conscientes que los cambios son lentos: pura lluvia fina que no eres consciente de que cae pero que con el paso del tiempo descubres que te ha mojado.

En el siglo XXI, enseñar a leer y a pensar tiene sentido: es propio del ser humano.

Creo que leer, pensar y sentir son los pilares de una buena vida. Y cuando hablo de leer lo hago en el sentido más plural del verbo.

Carlos López, gañador do Raíña Lupa

Carlos López, o autor de Minimaladas (Premio Merlín 2008) foi declarado hoxe gañador do Premio Raíña Lupa 2008 pola súa obra A peripecia de Roi. Precisamente, estes días, metimos no prelo Novas minimaladas, continuidade do seu libro anterior, ilustrada tamén polo seu amigo David Pintor. Beizóns para o bo de Carlos.

Xeración Lamote

Debemos a Xurxo Lobato desta magnífica foto dos tres membros da que poderiamos chamar «Xeración Lamote», Paco Martín, Xabier P. DoCampo e Agustín Fernández Paz. Os tres, premios nacionais; os tres, mestres da escola das pombas; os tres, amigos de corazón; os tres, trabes desas letras chairegas universalmente galegas.

Encontros Luso-galacio-franceses do libro infantil e xuvenil

O 14 e o 15 de novembro celebraranse no Porto, no Auditorio da Bibliotecas Municipal Almeida Garret, os XIV Encontros Luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil. Nesta edición xirarán arredor do tema «A memoria nos libros: Historia e historias». Información e inscripcións: Helena Silva. Biblioteca Municipal Almeida Garrett. Telef. nº 226081000
e-correo: bib.agarrett@cm-porto.pt

PROGRAMA

14, 6ª feira

9:00 Recepção dos participantes
9:30 Sessão de abertura – representantes das entidades organizadoras
Apresentação das actas dos 13.os Encontros – Do Livro à Cena (Deriva Editores)

10:00
«Leitura e memória»: José António Gomes (Portugal)
«Viagem pelas palavras da memória»: Miguel Vázquez Freire e An Alfaya (Galiza)

Intervalo

12:00
Apresentação de exposições
–«O Álbum Galego: 25 miradas para unha década (1997-2007)», da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
–«Homenaxe às vitimas do Portiño», banda desenhada de José Tomás
–Ilustrações de Yann Fastier («L’ atelier du poisson soluble»)
–Ilustração portuguesa da colecção de Luís Mendonça

Almoço

14:00
Mesa redonda: «Bibliotecas, escola e família: experiências de promoção da leitura»
–Cristina Taquelim (Biblioteca Municipal de Beja – Portugal): Livros andarilhos: leituras com miúdos e graúdos
–Catherine Jordi (Associação Idées Nouvelles Europe – França): Pais, leitura e bibliotecas escolares, como ajudar os filhos a serem leitores?
–Concha Costas (Biblioteca Pública de Gondomar – Galiza): Experiências locais de comunidades leitoras: Espazo Lectura, ler contar, dinamizar

16:00
Mesa redonda: «Memória e edição de livros infanto-juvenis»
–José Oliveira (Editorial Caminho – Portugal)
–Anxela Gracian (Edicións Sotelo Blanco – Galiza)

17:00
Apresentação das edições L’atelier du poisson soluble por Olivier Belhomme (França)

Apresentação de livros
–A Guerra Civil Española na Narrativa Infantil e Xuvenil, por Alexia Dotras (Galiza, Edicións Xerais de Galicia)
–O Cão Triangular, de Evelina Oliveira e Maria Leonor Barbosa Soares, ilustrações de Evelina Oliveira. Editora Campo das Letras
–A Minha Primeira História de Portugal, de Sérgio Luís de Carvalho, ilustrações de Fedra Santos. Editora Campo das Letras

15, sábado
9:30
«Literatura Infantil e Memória»
–«A memória através da literatura infantil e juvenil en galego» (Blanca-Ana Roig Rechou, Célia Vázquez, Eulália Agrelos Costa, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodrigues – Galiza – Rede LIJMI e Apoio Unidade de Investigación en Humanidades)
-«Da Ditadura à Revolução, um percurso através da Literatura infanto-juvenil» (José António Gomes, Ana Margarida Ramos e Sara Reis da Silva – Portugal – Rede LIJMI)

Intervalo

11:00
Mesa dos escritore: «A escrita da memória»
–António Torrado (Portugal) entrevistado por Ana Margarida Ramos
–Agustín Fernández Paz (Galiza) entrevistado por Xavier Senín e Isabel Soto

Almoço

14:30
Ateliers / espaços de encontros para adultos
–Memor’ando, memor’indo (oficina em torno da leitura, escrita e ilustração), Emílio Remelhe / Eugénio Roda (professor e escritor)
–Promover a leitura entre adolescentes e jovens, Cláudia Sousa Pereira (professora e investigadora, Universidade de Évora)
–Eu sou eu e a minha memória, pensar a cidadania a partir da hermenêutica da memória, Elena Gomez Galkina (professora e investigadora)
–Oficina de ilustração: Yann Fastier (ilustrador, L’atelier du poisson soluble)
Reconstrución pictográfica dunha lenda medieval: Ana Belén e Alexia Dotras (Univ. de Vigo – Apoio Rede LIJMI)

16:30
Encerramento

17:00
Espectáculo Musical: Romance do 25 de Abril (de João Pedro Mésseder e Alex Gozblau), recriado pelo Bando dos Gambozinos com música de Pedro Moura

ENCONTROS/ATELIERS E ESPECTÁCULOS PARA CRIANÇAS

Encontros com escritores e ilustradores
António Torrado
Éric Many
José Tomás
Agustín Fernández Paz

Hora do conto O Veado Florido de António Torrado, ilustrado por Manuela Bacelar
Equipa de animação da BMAG

Exposições:
«O Álbum Galego: 25 miradas para unha década (1997-2007)», da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
«Homenaxe às vitimas do Portiño», banda desenhada de José Tomás
Ilustração portuguesa para a infância da colecção de Luís Mendonça
Ilustrações de Yann Fastier

Literatura sen adxectivos

Moi recomendable este texto da conferencia de María Teresa Andruetto, publicado na revista Babar. Un excelente repaso aos grandes debates actuais sobre a literatura infantil e xuvenil. Moi recomendable. Un texto para o arquivo.

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

A sección do IBBY de Thailandia foi este ano a designada para preparar o texto e o cartel da xornada do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O autor do texto e do cartel foi Chakrabhan Posayakrit. Traducimos o texto, a partir da versión española de Laura Canteros (Imaginaria):

“Os libros iluminan, o coñecemento encanta
A busca de coñecemento mediante a lectura debe ser unha prioridade e é fundamental estimulala dende a infancia.
Na miña opinión, sobre a base dunha cultura e tradición sublimes, dende tempos inmemoriais inculcouse nos nenos thailandeses o desexo de adquirir coñecemento por medio da lectura. Os pais son os seus primeros mestres e os relixiosos son os seus mentores éticos, os que guían e educan intelectual e mentalmente aos mozos tanto en asuntos terreais como espirituais.
Para crear esta pintura inspireime en recoñecidas tradicións thailandesas, que comprenden dende a narración de contos aos nenos ata a aprendizaxe mediante a lectura de textos escritos sobre follas de palmeira que se colocan sobre pequenas mesas pregables deseñadas exclusivamente co propósito de ler.
Os contos escritos sobre follas de palmeira adoitan provir da tradición budista. Relatan a vida de Buda e transmiten as historias dos “jatakas”* coa noble intención de cultivar as mentes novas e infundir nelas fe, imaxinación e principios morais.

Chakrabhand Posayakrit


* “Jataka” (en pali e sánscrito, “nacemento”): Colección de contos recompilados arredor do século IV a.Xto. cuxos protagonistas son o Buda (en sánscrito, “iluminado”) e os seus discípulos en encarnacións previas. No imaxinario popular considéraselles perlas de sabedoría que abrollaron dos beizos de Buda (Siddharta Gautama) en persoa. Cada conto comeza cunha reflexión sobre o feito que motiva o seu relato e remata coa identificación por parte do Buda dos personaxes da anécdota introdutoria con persoas do pasado. Caracterízanse pola súa diversidade e humor. Divídense en “jatakas” canónicos, que suman 547 e nos que a encarnación previa do Buda é sempre un ser humano, e en “jatakas” non canónicos, relatos folclóricos anteriores á aparición do budismo aínda que os seus personaxes principais se identificaron co Buda e os seus discípulos e nos que o Buda encarnou nun animal durante as súas vidas pasadas. En todos os casos o Buda exemplifica unha virtude que o relato busca inculcar.
Os “jatakas” inspiraron numerosas obras de arte, en especial pinturas e esculturas, en todo o ámbito de influenza do budismo e recoñéceselles como antecedente de obras literarias universais como as fábulas de Esopo.”

Clicando no texto, agrándase a ilustración.