Onte 51: An Alfaya
A viguesa libraría Librouro encheuse na presentación de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2010. A magnífica e clarificadora intervención de Ramón Nicolás salientou a importancia dunha obra na que se formulan algunhas preguntas esenciais sobre os problemas do ser humano no noso so tempo, como son a incomunicación e a soidade, sen esquecer a memoria, así a secas, sen o adxectivo, «histórica», para evitar o pleonasmo. Despois, An Alfaya desvelou que a escrita de Vía secundaria, na que empregou trinta e un días, tantos como capítulos ten a novela, fora un traballo de contención e equilibrio, consciente que de precisaba para axustarse ao xénero solicitado da maior economía da linguaxe. An rematou a súa intervención lendo os títulos de todos os capítulos da novela, que conforman un poema, enfatizando nas palabras claves da obra (tags literarios): soidade, sangre, covardía, vinganza, destino, felicidade… Hai tempo que considero a An Alfaya como un valor seguro da narrativa galega actual, unha autora que acredita un impresionante currículum de premios e un amplo catálogo de excelentes novelas, algunhas memorables, como A sombra descalza, para min unha das novelas galegas da primeira década de 2000 que quedarán. Unha autora que queremos e admiramos polo seu traballo tan sólido como discreto. Beizóns para An Alfaya!



Mergullado na preparación da identidade dixital da Fundación dos Premios da Crítica Galicia –no día quedou aberto
Moito agradezo recibir noticias tan boas como a concesión do 


Hoxe que é 
Hoxe abriu as portas o 
