Libro de texto
/en Libro de texto/por bretemasAgradécese moito esta reflexión de Txetxu sobre a cuestión do libro de texto. Estou convencido de que o novo sistema de prezo libre para o ensino obrigatorio implantado as presas, tras a recente aprobación da nova “Lei da lectura, libro e bibliotecas“, moi pouco vai contribuír a revalorizar o libro de texto como ben cultural e educativo e a favorecer a competencia entre librarías e grandes superficies (temo que os libreiros volvan ser os grandes perdedores). Se a isto engadimos a confusión creada en Galicia polo funcionamento do modelo de gratuidade mediante préstamo (sendo rigorosos, incompatible con este sistema de prezos libres), temos asegurado un vindeiro mes de setembro caótico para as familias, libreiros, profesorado e os propios editores. Non debería alguén poñer un pouco de orde e sensatez no sector?
Tampouco lle falta razón a Barandiarán cando profundiza na reflexión sobre o futuro dos materiais curriculares non universitarios, que, queirámolo ou non, está vencellado ao desenvolvemento das competencias dixital e en comunicación lingüística (a famosa ALFIN ou alfabetización informacional ou literacidade electrónica, como queiramos chamala) dentro de todo o sistema educativo. Para iso falta mellor conectividade nos centros, máis e mellores materiais electrónicos e moita formación (de editores e do propio profesorado). Calquera alternativa de futuro sobre o libro de texto (máis alá das “crises dos modelos de gratuidade”) debería pasar por abordar esta cuestión decisiva (unha auténtica reconversión do noso sector). Xa é tempo de que os editores comecemos a poñerlle nome aos verdadeiros retos cos que nos enfrontamos.
Gratuidade, mudanzas no modelo
/en Libro de texto/por bretemasPatrimonio inmaterial
/en Libro de texto, Xerais/por bretemasQuedamos moi agradecidos por este recoñecemento de Ponte nas Ondas.
O traballo dos editores educativos é moi duro e poucas veces alguén o agradece. O noso compromiso coa promoción do patrimonio inmaterial (o folclore infantil e a nosa tradición literaria oral) ven de vello e constitúe un dos eixos programáticos do noso proxecto editorial. Grazas mil, pois, a Ponte nas Ondas.
Libro de texto: comeza a batalla das grandes superficies
/en Comercio do libro, Libro de texto/por bretemasSobre a mesma cuestión, recomendo as anotacións de Txetxu e Joaquín Rodríguez.
Pérolas machistas franquistas
/en Educación, Libro de texto, Slideshare, Sociedade/por bretemasPréstamo e edición en galego
/en Libro de texto/por bretemasNestas brétemas abordamos, seguramente con reiteración, a problemática que suscita na edición en galego a modalidade de préstamo dos libros de texto. Non vou abundar en argumentos nin en datos sobre a cuestión. Remito ás informacións aparecidas hoxe na maioría dos medios sobre a presentación que onte fixemos en Compostela dun informe clarificador realizado polo Grupo Psicom da Universidade de Santiago:
- “O libro pide auxilio. Editores e vendedores presentan un estudo para presentar o seu ‘risco de afundimento'”, El Pais Galicia.
- “A gratuidade rebaixou á metade a venda de libros de texto galegos”, La Voz de Galicia.
- “Redución do uso do galego nas aulas”, La Voz de Galicia.
- “O sector do libro alerta do risco de afundimento da edición en galego”, Faro de Vigo.
- “La gratuidad del libro de texto lleva a las editoriales gallegas a la crisis”, La Opinión da Coruña.
- “A gratuidade dos libros de texto afoga as editoriais en lingua galega”, Galicia hoxe.
- “Situación delicada pare el libro gallego por las ventas”, El Correo Gallego.
- “O sistema de préstamo de libros de texto afunde ó sector editorial en galego”, ABC Galicia.
- “Editores e libreiros galegos din estar vivindo ‘unha situación delicada'”, Vieiros.
Sobre a mesma cuestión tamén é interesante o posicionamento do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
A crise libreira
/en Editores, Librarías, Libro de texto, Sociedade/por bretemas-
Galicia hoxe (en portada).
A gratuidade do libro escolar en 2007
/en Libro de texto/por bretemasA liberalización dos prezos dos libro de texto
/en Libro de texto/por bretemas- A liberalización do prezo dos libros de texto, que aparece dentro das exclusións ao prezo fixo (artigo 9), afectará só aos libros e materiais complementarios da Educación Primaria e da ESO, o que suporá a desaparición dos descontos, utilizados como reclamo, fundamentalmente, por parte das grandes superficies. Os libros de textos de Educación Infantil, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Universitaria permanecerán no réxime de prezo fixo.
- O prezo destes libros de texto do ensino obrigatorio será libre o que significa que o prezo que pagará o consumidor final (nun modelo de gratuidade por préstamo, a Administración Educativa) será fixado polo detallista e non polo editor. Iso suporá que o editor sinalará un prezo de cesión a todos os detallistas, mais non de catálogo (como era adoito ata agora). O editor poderá establecer previa negociación cos diferentes detallistas (como xa se viña facendo ata agora) descontos por consumo, por seguridade no pagamento ou por outras circunstancias comerciais que o aconsellen. En todo caso, os editores de libros de texto deberán enfrontarse o vindeiro curso, por vez primeira (a lei, previsiblemente, será aprobada no mes de marzo de 2007), a fixación do prezo de cesión .
- Con este sistema, o detallista (libreiro ou grande superficie), unha vez anunciado o seu prezo de venda (que debe respectar o establecido pola Lei do Comercio Minorista), non poderá anunciar descontos. A competencia, polo tanto, entre os detallistas (como en calquera outro produto sometido ao réxime de prezos libros, como a papelaría) establecerase pola fixación de cadanseu prezo de venda.
- O novo sistema provocará mudanzas importantes na relación comercial e na distribución do libro de texto, xa que non semella compatible a existencia de devolucións cun réxime de prezos libres (sometido, como calquera outro produto, á posibilidade de periodos de rebaixas). Mais, tamén, requirirá ao editor facer fronte a mudanzas nas relacións contractuais cos autores dos libros de texto, baseadas, na maior parte dos casos, na liquidación de dereitos en base ao PVP (sen IVE) fixado polo editor. Noutras palabras, para non lesionar o espírito dos contratos asinados e os lexítimos dereitos dos autores que perciben unha retribución variable, o editor deberá converter a porcentaxe do novo prezo de cesión aos vellos prezos fixos. Unha cuestión, sen dúbida polémica á que haberá que atopar unha solución técnica xusta para ambas as dúas partes.
- O sistema de prezos libres tamén suporá mudanzas para as Administracións Educativas que empregan a modalidade de gratuidade mediante o sistema de préstamo. Para a fixación do prezo do lote por curso, xa non poderán recorrer ao rexistro público do ISBN. Como se vai coñecer o prezo de cesión de cada libro? Como vai a Consellaría de Educación (que o vindeiro ano adquirirá cinco cursos, xa que, ademais dos catro cursos que se implantan da reforma educativa, deberá renovar 6º de E.P., cumpridos xa catro anos) fixar o prezo de cadanseu lote?
A implantación do novo sistema de prezos libres aos libros de texto do ensino obrigatorio provocará moitas incertezas. Sen dúbida é un paso adiante a desaparición da política dos descontos, mais esta lei non parece resolver o problema da competencia entre a libraría e as grandes superficies que aumentaron a súa circulación anunciando os descontos (os estudos de mercado sinalan que incrementaron de forma espectacular a súa cota de mercado mercede a este sistema). Por último, non parecen moi oportunas as declaracións da Ministra de Cultura argumentando que os libreiros e os editores recibirán compensacións pola implantación deste novo sistema. Invertir 48o millóns de euros en dez anos en dotacións de bibliotecas escolares e públicas non é compensación ningunha ao sector do libro, e, si pola contra, cumprir unha obriga do Goberno e das Comunidades Autónomas en invertir en lectura pública, eido onde presentamos unhas carencias clamorosas con respecto aos países do noso entorno.
Así están as cousas.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.