Os blogs nos libros de texto

Sorpréndeme que Marcus e, logo outros chuceiros, consideren unha anécdota a presenza dos blogs nalgún dos libros de texto de lingua e literatura galegas recentes de Xerais. Máis alá dunha anécdota ou dunha presenza puntual, o interese pola textualidade electrónica está presente en todos os libros das novas series para ESO e de BAC. En Xerais, consideramos os blogs como un recurso educativo principal.
2 comentarios
  1. Marcus
    Marcus Dice:

    Vaia, eu falaba de anécdota o feito de que o meu blog saise nun libro de texto, para indicar que non son digno e o caso puntual non é unha grande nova para ninguén que non sexa a miña persoa.
    Tendo en conta que agás en 2º BUP sempre tiven como libro de galego na escola e instituto ao que publicaba Xerais síntome moi honrado por aparecer citado no texto, aínda que tamén me parece igual de importante que aparezan outras publicacións electrónicas reflectidas no papel, pois simbolizan un cambio social importante.
    Coido que entre a edición de 2004 e a edición de 2008 dos libros de galego houbo unha importante actualización de contidos, o que tamén me parece moi relevante, pois indica que a educación é un eido dinámico e xa non pasa como hai un par de décadas, cando os libros eran case eternos.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Por suposto. O teu texto, que recollemos no libro, é magnífico para ser utilizado como recurso didáctico. Moitas grazas, polo tanto.

Los comentarios están desactivados.