Morreu Carlos Díaz Martínez
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, In memoriam/por bretemasPor agardada que fose, a nova petounos moi fondo. Esta mañá morreu o noso benquerido amigo o editor Carlos Díaz Martínez. Editor de estirpe, documentalista da nación, Carlos foi un mestre de humanidade xenerosa a quen non sabemos agradecer todo e tanto que nos ensinou.
Editor emigrante, ocupouse da edición príncipe de Cemiterio privado de Celso Emilio Ferreiro e de tantas outras iniciativas culturais e políticas da Galicia desterrada durante a Ditadura. Xa en Galicia teimou por enriquececer co seu coñecemento os proxectos editoriais d’ A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa (ese obradoiro de beleza e poesía) e de Xerais (onde dirixía dende hai unha década a nosa liña de Álbums de postais, nun traballo de recuperación de memoria gráfica das cidades e vilas do país do que nos sentimos tan orgullosos).
Carlos era un editor artesán, minucioso, comprometido coa fasquía do libro coma síntese da expresión cultural. Haberá ocasións de recoñecer devagariño a obra que nos deixa para a memoria. Mañá na Coruña será incinerado na intimidade, como quere a familia. Hoxe todas as nosas beizóns para el e para os seus, desgarrados por tan terrible perda. Que a Terra dos teus soños che sexa leve, compañeiro!
Actualización (08-04-2007): No artigo da semana recordo a figura de Carlos.
A miña patria
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Persoal, Vigo/por bretemasNo artigo da semana rememoro os espazos perdidos do meu barrio.
Foto: J.Albertos.
Máis lectura
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación, Ilustración, Lectura/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre os datos do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2006, do que demos conta hai uns días.
Quinta provincia
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política, Vigo/por bretemasNo artigo da semana reflexiono sobre o comezo da campaña electoral na cidade da oliveira.
Lacra a erradicar
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemasNo artigo da semana volvo sobre a cuestión da violencia machista. Coincide cunha reportaxe sobre a incidencia deste problema na área metropolitana de Vigo e cunha entrevista moi interesante a Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade, publicadas as dúas, tamén, no Faro de hoxe. Reiterar estes argumentos e análises parece necesario para concienciar sobre un problema tan difícil de atallar.
Un avance para a lingua
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación, Lingua/por bretemasNo artigo da semana valoro como un avance (a pesar dalgunhas insuficiencias) o decreto consensuado polos grupos paralamentarios sobre o uso do galego como lingua vehicular no ensino non universitario.
Finca do Conde
/en Arquitectura, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política, Vigo/por bretemasNo artigo da semana trato de refrescar a memoria sobre o asunto de Finca do Conde.
Pecha a Libraría Cervantes
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Librarías, Vigo/por bretemasActualización (11-2-2007): no artigo da semana volvo sobre a cuestión.
Escenarios doentes
/en Arquitectura, Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións, Sociedade, Vigo/por bretemasNo artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.