Profecía cumprida

No artigo da semana analizo a que entendo é a estratexia do goberno de Núñez Feijóo sobre a cuestión da lingua e o sentido da consulta que a Consellaría de Educación realizará nos centros non universitarios.

4 comentarios
  1. A.C
    A.C Dice:

    Pois eu teño curiosidade de ver cales son os resultados de esa enkisa. A ver k opina o povo de todo este lio co noso idioma.Igual hai sorpresas

  2. seganho
    seganho Dice:

    Parecería mais honesto, se iso fose unha cualidade agardabel nas novas autoridades, que un dos inquéritos fose exactamente a opción do decreto tan denostada por eles, ou sexa, a pregunta “mitade e mitade en galego e castelán”
    En tuda posición procúrase a definición astuta dos extremos pra situar o meio, a equidistancia, onde se quer. Pero era moi perigoso para a política de Núñez unha liña meia con isa pregunta. Así, como a fan, fican libres, porque calquera reparto pode ter “algunhas de galego e algunhas de castelán”, ou sexa, mans libres para fedellar no pecado.

  3. pablo gonzalez
    pablo gonzalez Dice:

    En primeiro lugar haberá que ver a lexitimidade desta enquisa (control da mesma e dos resultados). En segundo lugar, os resultados das zonas rurais poden darnos unha imaxe de Galicia desvastadora, con galegofalantes querendo que os fillos reciban educación exclusivamente en castelán (por exemplo, a galescola de Oia). E en terceiro lugar a enquisa en si mesmo é absurda. Non se pregunta qué obxectivos académicos pretenden os pais que acaden os fillos (que é o importante, e non tanto esas ferramentas ou eses medios polos que supostamente se pregunta).

    Esta enquisa é política e non pedagóxica, polo tanto non ten interese nin relevancia. Gustaríame que preguntaran se os manuais de matemática son mellores que os apuntes do profesor, se quero que os meus fillos utlizasen a web para estudar ou se considero que a calidade do profesorado é suficente.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] de enviar este tríptico ás familias é unha resposta docente moi axeitada á prexuizosa e falsa consulta ás familias do Goberno Feijóo. Neste momento, dende todas as instancias, das que dispoñemos os defensores do idioma, é […]

Los comentarios están desactivados.