Poema de hoxe 9: «O punto de maduración» de Luisa Abad
Onte 1554: «Para onde imos cando desaparecemos»
/en Autores, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil, Novidades, Onte, Xerais/por bretemas
Entre as nosas primeiras novidades está Para onde imos cando desaparecemos, un álbum de Isabel Minhós e Madalena Matoso, publicado en 2012 por Planeta Tangerina. Unha obra sobre a morte, que descubrín remexendo na libraría da Tate Modern. Un libro de preguntas e respostas sobre os misterios do cotián que suscitan dúbidas na cabeciña dos picariños: «Para onde irán os calcetíns cando desaparecen? E as pozas de auga? E as nubes para onde irán? E o Sol? E a neve? E o barullo para onde vai cando desaparece?» «Nada dura para sempre», eis a sentenza clave que amosa a finitude da vida, a paradóxica existencia da nada e da ausencia. Un libro que trata da morte sen falar dela de forma explícita. Un álbum para conversar cos picariños sobre cousas que a eles moito interesan. Un libro importante.
Poema de hoxe 8: «Apátridas» de Xela Arias/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
galicia e nós nó de verbos nos nobelos dos nomes
Xela Arias, Denuncia do equilibrio (Xerais, 1984)
Poema de hoxe 7: «O que todo galego choraría» de Valentín Paz Andrade/en Autores, Efemérides, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Chora, Terra, teu pranto matricial.
O que todo galego choraría,
se inda chorar puidera,
até cubrir de bágoas o mar.
Valentín Paz Andrade, Pranto matricial (edición Xerais 2012), homenaxe ao pasamento de Castelao o 7 de xaneiro de 1950
Onte 1552: «A morte de Valle-Inclán»
/en Autores, Novidades, Onte, Teatro, Xerais, Xornalismo/por bretemas
Fixéronse onte 80 anos do pasamento en Compostela de Valle-Inclán, abordado no libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento que Xerais achegará ás librarías a vindeira semana. Dende tres olladas (a xornalística de Carlos Reigosa, a biográfica de Javier del Valle-Inclán e a teatral e literaria de José Monleón) reconstrúese con rigor documental o relato dos últimos nove meses da vida de Valle, considerado daquela «o artista galego por antonomasia», que en Galicia asumiu con dignidade e serenidade unha doenza dolorosa que sabía para el definitiva. Entre os moitos episodios relatados, ademais dos encontros de Valle con Cunqueiro, Pedrayo ou Blanco Amor, chama a atención o referido a polémica do seu enterro civil en Bosaica, nun dia no que diouvou. A mobilización do Partido Galeguista, que publicou unha octavilla chamando ao pobo de Santiago a «cumprir o derradeiro deber co artista cuia obra ha vivir namentres fique no mundo un espírito sensible á beleza e a saudade», así como a participación de Castelao clarifican un asunto que até agora semellaba litixioso.
Onte 1551: Cincuentenario do xantar de Ourense
/en Autores, Efemérides, Historia, Iniciativas, Onte, Poesía, Recurso_didáctico/por bretemasLembramos onte ao poeta Celso Emilio Ferreiro con motivo do 104 aniversario do seu nacemento. Ábrese así un ano no que celebraremos o cincuenta aniversario daquel xantar de despedida, antes da súa partida a Caracas, que se se desenvolveu nos baixos do Hotel Roma de Ourense o domingo 15 de maio de 1966, Unha homenaxe a Celso Emilio e Moraima, obrigados a coller as maletas do exilio, que se convertiu nun importante acto de protesta da oposición antifranquista, organizado pola UPG e o PC, en contra da decisión do goberno de Franco de asolagar as veigas de Castrelo do Miño e Ventosela para que Fenosa construíse alí un encoro. Naquel histórico xantar galeguista, no que participaron 250 persoas e no que se recibiron 1.250 adhesións, pronunciaron discursos Ramón Otero Pedrayo, Antón Tovas, Eduardo Blanco Amor, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Arturo Reguera, entre outros. Lembrar aquela proeza cívica é unha das iniciativas nas que está traballando a Fundación Celso Emilio Ferreiro e da que aquí daremos conta.
Poema de hoxe 5: «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo» de Claudio Rodríguez Fer/en Autores, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Escríboche como ti nos escribías
coa materia prima do mañá moi dentro
(…)
Escríboche como ti nos escribías
dispostos sempre a comezar
Claudio Rodríguez Fer, «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo», no cuarto cabodano de Isaac.
Poema de hoxe 4: «Proxectos» de Celso Emilio Ferreiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
O meu programa é iste:
proclamar o dereito
á esperanza infundada
i ó imperativo categórico
do porvir imperfecto.
Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, (Xerais, edición de 2004) no 104 aniversario do seu nacemento.
Poema de hoxe 3: «Teoría do riso» de Antón Patiño/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Poema de hoxe 2: «cousiñas» de María Reimóndez/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
neste mundo das cousas pequenas!
mais axiña chega unha vaga
de responsabilidade
e vida
María Reimóndez, cousiñas (Fabulatorio, 2013)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Feira do libro na Alameda1 de Xullo de 2026 - 4:07 a.m.
Xabier P. DoCampo no «Álbum de Galicia»28 de Xuño de 2026 - 9:58 a.m.
Lectura en galego e xénero27 de Xuño de 2026 - 10:51 a.m.
Festa do orgullo24 de Xuño de 2026 - 10:49 a.m.
O novo Vigo vello17 de Xuño de 2026 - 10:44 a.m.













