Poema de hoxe 114: «A cidade sen roupa ao sol» de Marga do Val
Camiñan as horas pola ponte
os seus dedos non tocan
a auga que a atravesa.
Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010)
Poema de hoxe 114: «A cidade sen roupa ao sol» de Marga do Val/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Camiñan as horas pola ponte
os seus dedos non tocan
a auga que a atravesa.
Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010)

Expresei onte as nosas desculpas a Marcos Lorenzo e a Difusora de Artes, Letras e Ideas pola coincidencia de títulos entre a obra que eles publicaron en 2005 como Liquidación de Existencias e a novela de Ramón Caride que publicamos en Xerais en xaneiro. Sei que é de xustiza expresar as nosas desculpas polos prexuízos que esta coincidencia puidese ter ocasionado ao noso admirado Marcos Lorenzo e aos nosos colegas de Difusora. Desculpas de corazón, compañeiros.
Poema de hoxe 113: «Sebes contra o vento» de Alfonso Álvarez Cáccamo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Unha onda sutil arrasará
un verso náufrago.
Alfonso Álvarez Cáccamo, Sebes contra o vento (Espiral Maior, 2009)
Poema de hoxe 112: «A agulla» de Branca Novoneyra/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Os círculos concéntricos
hipnotizados polo son da agulla platino
cantan soños sen nome.
Branca Novoneyra, Dentro do labirinto (Espiral Maior, 2009)
Poema de hoxe 111: «Templo» de Manuel Xosé Neira/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Abril
entre a chuvia como de frauta
de lustrosos caxigueiros, no eixido
Manuel Xosé Neira,Templo (Galaxia, 2001)
Poema de hoxe 110: «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
O fotógrafo
non
aturou
tanto silencio
Xesús Constela, A rotura das paisaxes (Xerais, 2016)
Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016 convocados conxuntamente, por vez primeira, pola Asoiación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Ademais da lóxica satisfacción que supón para o cadro de Xerais contar con 11 obras finalistas, en case todas as cetegorías, esta Gala do Libro está chamada a abrir unha nova etapa de colaboración entre os membros do sector do libro galego. Rematar cos gremialismos e compartir unha acción potente de visibilización do libro literario galego e do asociacionismo no sector son obxectivos da Gala que celebraremos no teatro Principal de Compostela o serán do 14 de maio. Unha iniciativa novidosa que merece recoñecemento e apoio. Beizóns ás responsables das tres asociacións que, despois de varios anos de conversas, convocan a Gala.
Poema de hoxe 109: «Foi Don Fagundo un dia convidar» de Afonso Eanes do Cotón/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Foi Don Fagundo un dia convidar
dous cavaleiros pera seu jantar,
e foi con eles sa vaca encetar,
e a vaca morreu-xe logu’euton
e Don Fagundo quer-s’ ora matar
porque matou sa vaca o cajon
Afonso Eanes do Coton, «Foi Don Fagundo un dia convidar» (cantiga de escarnio)
Non podemos definir máis que como emocionante e memorable o sucedido onte no Salón Multiusos de Santa Comba durante a presentación do libro de Carmen Banco Ramos O volframio en Varilongo. Contei até 246 as persoas que seguiron as intervencións da autora e do profesor Alonso Montero sobre unha obra que reconstrúe de forma detallada e minuciosa, empregando as ferramentas da investigación social, a memoria de dúas décadas da máis importante mina de volframio da Terra de Xallas. Un acto no que o presidente da Academia Galega salientou a importancia estratéxica deste ouro negro que convertiu durante uns poucos anos a algunhas comarcas galegas en novas Californias. Un libro que a autora arraizou na súa memoria familiar e no que agradeceu as testemuñas orais de vinte e tres informantes, a partir das que se reconstruíu un relato, onde se utilizaron tamén as fontes documentais dispoñibles. O momento máis emocionante do serán produciuse durante a intervención de tres mulleres que interpretaron as trece «Cantareas de Varilongo» recuperadas no libro. Inesquecible e valioso.
Poema de hoxe 108: «Cidades» de Gonzalo Navaza/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
E que ó final unicamente amas
unha cidade cando alguén hai nela
que tamén te ama a ti e que pronuncia
o teu nome estranxeiro
como ningúen o pronunciou xamais, tal se fose
a palabra secreta que cifra o teu destino.
Gonzalo Navaza, Libra (Galaxia, 2000)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
