Harold Pinter en Galeuzka
Recomendo a lectura do artigo de hoxe de Méndez Ferrín.
Recomendo a lectura do artigo de hoxe de Méndez Ferrín.
Esta tarde presentaremos Rúa Carbón, a última novela de Marilar Aleixandre. Grazas á iniciativa de Vieiros pódese descargar un capítulo en PDF.
Creo que a moitas persoas adultas vailles sorprender atopar nunha colección, teoricamente, xuvenil un texto que aborda a complexa procura das identidades individuais e colectivas, tendo como teón de fondo o conflito político vasco e o terrorismo de ETA. Esta novela paréceme tan valente como sólida. Na vindeira primavera será editada en castelán. Recoméndoa vivamente.
Na edición de Vieiros Barcelona publícase hoxe unha magnífica entrevista con Xulio Ricardo Trigo, o escritor, tradutor e editor catalán de orixe galega. Xulio é o creador de Ligácia, un espazo literario propio, que corresponde á Galicia da súa infancia, recreado en novelas como Despres de l’ oblit (Logo do esquecemento), ademais de promotor de Perifèric Edicions e animador da cultura galega en Cataluña.
Iria López Teijeiro, unha rapaza de vinte e catros anos de Fene, é a nova descuberta do primeiro Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela convocado para menores de vinte e cinco anos.
Onte acabei a lectura do libro de conversas con Bernardino. Rafael e Héitor fixeron un traballo excelente xa que en apenas cen páxinas conseguiron amosar o rostro profundamente humano dun dos grandes poetas da literatura galega. Creo que os aspectos máis novidosos do libro son os referidos á etapa de formación do poeta e ao pensamento filosófico e relixioso desenvolvido polo poeta, na última década, a partir da escrita do Protoevanxeo do neto de Herodes.–Si, si. Home, en Madrid foi. Chocar fisicamente con Hemingway, de peito, eh!, Hemingway e Ferrín de golpe de peito. Precioso. Chocamos con el e despois dicía o Ferrín:
–Por que non nos quedamos con el? Coño, Bernardino ti sabes máis inglés.
Foi unha pena, pero é a timidez claro, é a timidez á adoración dos teus ídolos.
“A poesía é unha forma que ten o home de orar, non sei a qué, pero de orar”, dicía hai uns anos o escritor Álvaro Mutis. E esa oración laica, aberta, participativa, prego de beleza e de autenticidade, encárnase cada ano como encontro colectivo nas homenaxes que desde 1995 celebra a Asociación de Escritores en Lingua Galega baixo a cabeceira O Escritor na súa Terra: cita que contou xa con nomes tan egrexios como Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, Luz Pozo, Salvador García-Bodaño, Neira Vilas e Manuel María, entre outros.Este ano son dúas mulleres, Pura e Dora Vázquez, As escritoras na súa terra, e en Ourense, onde teñen unha rúa co seu nome desde 1995, recibirán o recoñecemento dos seus amigos e lectores coa plantación no Parque Barbaña de dous camelios, árbore que tanto amaron sempre, e unha Pedra Escultórica que inaugurará alí a Fervenza dos Poetas. Símbolo chamado a converterse en lembranza permanente como aqueloutra Pedra do tempo cantada por Pura: “Pedra dura do Tempo en desafíos. / Dos milenios chovendo corredíos/ no destempo, o devir onde pervive. / Trasustanciada voz a que nos fala/ da longuísima historia que a recala. / Dunha enlevada man que un nome escribe”.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
