Escenarios doentes
/en Arquitectura, Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións, Sociedade, Vigo/por bretemasNo artigo da semana recomendo a visita ás exposicións fotográficas Casas doentes de Manuel Sendón e Escenarios de Vari Caramés, das que xa temos falado no blog.
Vari Caramés: escenarios
/en Artes Visuais, Exposicións/por bretemas
Camilo Franco ("Cama-libro")
/en Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Vídeos, Xerais/por bretemasDa infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova do prixama, estirar a colcha e sorrir, que a adversidade de cada un non dá patentes para a mala educación. Logo chegaban, saudaban, refregábanme o pelo, preguntaban polos estudos, advertían que era sorte estar na cama e nas miñas respostas monosílabas nunca entendían a miña contrariedade por perder a soidade de enfermo ben suado.
Actualización: (25-01-2007): Información da exposición aparecida en el El Pais: “A literatura é a creación e o soporte a circunstancia”.
Actualización (26-01-2007): “Literatura en acción“, artigo de Antón Reixa en Luzes.
Palabras contadas ( a exposición)
/en Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais/por bretemasA exposición Palabras contadas merece a pena. O baixo e o primeiro andar do corpo dereito da Fundación Luís Seoane están ocupadas por diversas instalacións preparadas para que o espectador se transforme en lector (o que o autor define como “lectura con mobles”). Aproveitando a versatilidade que ofrece o formato dos microrrelatos, as historias de Camilo ofrécense en soportes diversos demostrando que a lectura (un dos nosos eixos civilizatorios) vai moito máis alá do soporte do libro impreso. Relatos caligrafados sobre area, impresos sobre colchóns ou roupas, gardados en pequenas caixas de conserva, salferidos na sopa de letras, carimbados sobre os corpos, sobreimpresos en imaxes fixas ou en movemento, proxectados sobre as paredes ou sinxelamente dispostos como esculturas planas no chan ou pendurados do teito.
Esta é unha proposta de literatura de investigación que reivindica o papel primeiro da palabra na creación artística e a función do escritor como creador de novos territorios para a lectura “A palabra para quen a traballa”). A presentación da exposición, moi concurrida, rematou cunha lectura concerto no que autor demostrou que, baixo a súa impostura de crooner efímero, atesoura grandes dotes de animador dos máis divertidos guateques. Recomendo a visita á exposición e a participación nas festas arredor do libro que continuarán por Galicia nas vindeiras semanas.
Palabras contadas
/en Artes Visuais, Autores, Exposicións, Lectura, Xerais/por bretemasEsta noite viaxaremos a Torre para participar na inauguración de Palabras contadas, a primeira exposición dun escritor galego montada a partir dun libro de ficción que funciona como elemento central de instalacións visuais e audiovisuais. Unha exposición concibida para a lectura (que non está recluída nos límites dun libro impreso). O texto como escultura. A lectura con mobles. A lectura como indagación no Museo. Ficción súbita. Sopa de Letras. Relatos en conserva. A lectura como creación unicamente humana. Camilo Franco promete sorpresas. Contarémolas aquí mañá.
Manuel Sendón: casas doentes
/en Arquitectura, Artes Visuais, Blogs, Exposicións, Sociedade/por bretemasAbsolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das construcións tradicionais concibidas como espazos para ser habitados. O poder evocador da arquitectura. Unha proposta artística para reflexionar sobre o paso do tempo. As posibilidades expresivas do arquivo. Unha mostra dun auténtico mestre na súa madurez compositiva. Beizóns, Manolo!
- Recomendable é, tamén, o recente blog do fotógrafo, onde presenta un completo percorrido pola súa obra dos últimos quince anos.
Libros reciclados
/en Artes Visuais, Edición/por bretemasFacendo espello coa anotación anterior, atopo estoutra de Millán sobre a edición de libros a partir de materiais reciclados que preparan algunhas editoriais latinoamericanas. Libros co miolo fotocopiado e grampado e as cubertas acartonadas e decoradas de forma artesanal. Unha vía ben diferente da electrónica para acceder á lectura impresa.
Océano Sobral
/en Artes Visuais, Exposicións/por bretemasAntón Sobral é o noso vixía do mar. Moi poucos pintores posúen a precisión da súa mirada sobre o horizonte mariño, apenas unha liña finxida onde as xerfas das ondas debuxan o seu antollo océanos. Nas súas mariñas sen referencias non hai nostalxia nin dramatismo por que as ardentías arrecenden o sabor salgado das gamas dos azuis. Volve a pintura de tenra fondura, a comuñón do ser humano co seu amigo o mar.
Iniciativa Man de Camelle
/en Artes Visuais, Cultura, Efemérides, In memoriam/por bretemasOportunísima a páxina de hoxe de La Voz de Galicia recordando o cuarto aniversario do falecemento de Man de Camelle. É inxustificable o esquezo por parte das institucións públicas galegas (dende a Consellaría de Cultura, a Deputación da Coruña ata o propio concello de Camariñas) dunha figura que simbolizou, como poucas, a comunión do home co mar e a coherencia radical dunha persoa coa súa conciencia. Poñer en valor o legado artístico do seu Museo, como reivindica Xoán Abeleira no seu libro e como esixen os milleiros de asinantes da Iniciativa Man de Camelle, é un acto de estrita xustiza e de autoestima da sociedade galega que se mobilizou contra o chapapote. Man merece non ser esquecido.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Males de altura2 de Abril de 2025 - 10:13 a.m.
- Herdanza de Docampo2 de Abril de 2025 - 10:07 a.m.
- Ilumina de azul1 de Abril de 2025 - 5:18 p.m.
- Isaac editor27 de Marzo de 2025 - 9:44 a.m.
- Aeroporto de Budiño25 de Marzo de 2025 - 9:35 p.m.