Evidencialismo
Velaquí a auténtica moda galega.O titular non o mellora nin Cid Cabido.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6839 entries already.
Velaquí a auténtica moda galega.O titular non o mellora nin Cid Cabido.
Juan Freire adianta hoxe máis información (mesmo algúns dos tópicos do debate) sobre o previsto Iº Encontro luso-galaico de blogs.
Txetxu recolle o fío da miña reflexión sobre contedores e contidos levándoa máis alá dos contedores museísticos e aplicándoa a toda realidade onde haxa un soporte-contedor e un contido, como pode ser o caso do libro. Txetxu atina de cheo cando afirma que existe unha tendencia social onde parece darse maior importancia ao “contedor” que […]
Moi curioso este blo de Carlos Reboreda contando a experiencia da súa participación no programa Galicia en goles (para min un dos espazos máis arredistas e comprometidos da radio pública, escoitándoo hai veces que creo vivir nun país que acadou a independencia). A verdade é que polos primeiros posteos deste blo recente paréceme máis interesante […]
SEIS PUNTOSFernando Vázquez sentenciara ao longo da semana que o encontro co Osasuna era un deses poucos nos que se desputaban sete puntos. Nun magnífico partido de defensa e contraataque os celestes conseguiron, diante dun dos seus rivais directos, seis. A expensas do que poida deparar no remate da tempada a diferenza de goles, constitúe […]
No artigo da semana abordo o que veu sendo unha das miñas preocupacións da semana, a relación entre os contedores e os contidos dos espazos da cultura. Foto da Casa das Palabras de J.Albertos.
Hoxe levei unha alegría cando coñecín a lista de finalistas galegas do premio Arcebispo Juan de San Clemente. Este premio a obras de narrativa editadas é un dos que máis valoro cada ano, xa que está outorgado por un xurado de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato de varios institutos de Galicia.A moitos quizais […]
Recomendo este lúcido texto de Veloso sobre o uso que se está facendo do galego nos nosos xornais impresos de maior difusión. O autor non é un sociolingüista, o que quizais lle permite interpretar a cuestión de forma máis independente, clara e veraz. Agradécense estas análises onde non aparecen táboas estatísticas e baseadas, pola contra, […]
Souben hoxe de que hai tres semanas saíu publicada a reportaxe sobre os aditos ás libretas. Aínda que reivindico o pracer da caligrafía e o fetichismo de conservar as brétemas de papel numeradas, sei que é outro dos costumes chamados á extinción. Esta é a razón de que apareza como unha tendencia excéntrica?
Afortunadamente a serea pétrea formará parte da rede galega de museos. Tarde piaches! Agardemos que rematen as obras canto antes e volva abrir as portas coa súa exposición permanente.A foto é de Óscar Reixa.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
