O cartel dos libreiros
Nón é un prodixio de sutileza propagandística, mais a situación desesperada do sector por mor da modalidade de préstamo do libro escolar xustifica unha protesta tan contundente. Etiquetas:
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Nón é un prodixio de sutileza propagandística, mais a situación desesperada do sector por mor da modalidade de préstamo do libro escolar xustifica unha protesta tan contundente. Etiquetas:
Levo dous días con moitos problemas co blogger. Non suben as imaxes e, se utilizo algúns html, é case imposible actualizar. Tamén teño dificultades co gmail. É cousa só miña? Teño algún problema cos proxys? Quen pode axudarme?
No Máster de Edición falamos moito de publicidade e cartelería, Mágoa que daquela non coñecésemos este espazo onde se recollen os mellores traballos de cartelaría de Cannes 2006. A análise dalgunhas destas pezas daría para un bo debate. Etiquetas: Publicidade
Libraría: espazo comercial para o fomento da lectura. Etiquetas: Librarías, Lectura
No blog do libreiro venezolano Roger Michelena atópanse imaxes ben fermosas sobre o mundo do libro, a lectura e a tipografía. Eis algunhas das máis recentes. Etiquetas: Libro, Imaxes
No artigo da semana critico o “programa” de concertos das festas de Vigo. Unha tristeza máis provocada pola anemia política da cidade revolcada. Etiquetas: Vigo, Artigos
A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable. Etiquetas: Blogs, Lectura, Educación
Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller […]
No día que rematamos o módulo de promoción do Máster, coñecemos este interesante traballo sobre a comunicación na promoción do libro en España. Outrosí sucede (via Extratexto) coa iniciativa dos editores e libreiros británicos de establecer (como acontece no cinema) un día a semana (xoves) para o lanzamento das novidades. Ideas moi interesantes para estudar. […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
