A menina ponteareana de Velázquez
Cando volvades polo Prado reparade no cadro de Velázquez con outros ollos tratando de indentificar á menina ponteareana. Isto si que é erudición galeguista! Etiquetas:Ponteareas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Cando volvades polo Prado reparade no cadro de Velázquez con outros ollos tratando de indentificar á menina ponteareana. Isto si que é erudición galeguista! Etiquetas:Ponteareas
Esta mañá nunha reunión de editores galegos con responsables da Dirección Xeral de ordenación Educativa da Consellaría de Educación coincidiamos na importancia que a nova reforma curricular concede á lectura e ao manexo das novas tecnoloxías da información. Establecer a lectura, nos seus diferentes soportes, como procedemento transversal de todas as áreas (o que obrigaría […]
Ás portas de Liber, aparece o avance de datos do estudo do comercio interior do libro, elaborados pola empresa Precisa para a Federación de Gremios de Editores. Só coñeciamos noticias de prensa, ata que onte puidemos manexar as gráficas de datos básicos, agardando a publicación do informe e extraer os datos referidos á edición privada […]
Eis o trailer (máis de dous minutos) da agardada película de Manuel Huerga sobre Salvador Puig Antich. Con BSO de Lluis Llach, reparto de calidade, bastante boas referencias críticas e lanzamento potente a película (un alegato contra a pena de morte) promete, aínda que agardaremos polo esixente criterio do noso mestre. Etiquetas: Cine
Dediquei boa parte da tarde a revisar as primeiras probas do que será o próximo libro de Alonso Montero, Anxel Fole, García Lorca e os Seis poemas galegos. Trátase dunha edición moi actualizada dun traballo anterior do Profesor, que será editada polo Concello de Lugo con motivo dos actos que o Foro pola Memoria Republicana […]
Aquí pódese descargar o documento interno do PP coruñés. Todo un modelo de funcionamento do centralismo democrático da dirección conservadora proporcionando instrucións precisas de política obstrucionista. Canta razón tiña o deputado Aymerich. Etiquetas: Incendios, PP, Galicia
Nas vindeiros semanas aparecerá nos andeis das librarías Pepa A Loba, a novela de raigame histórica de Carlos G. Reigosa, sobre a muller por antonomasia do bandoleirismo galego. A verdade é que a memoria desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia, medrou imparablemente nunha […]
Fernando Vázquez gañoulle comodamente a partida a Luís Cesar, no primeiro enfrontamento de adestradores galegos desta tempada. Gustoume moito o espírito contra atacante do Celta, sobre todo nas combinacións dese triángulo formado por Nené e Cannobio co noso John Deere Baiano. Fronte a un rival coraxudo, amosamos que posuímos doses de calidade suficientes, alén de […]
No artigo da semana amplío a reflexión que estes días se veu facendo no blog sobre o debate da sustentabilidade. Etiquetas: Artigos, Galicia, Ecocidio, Sostibilidade
Estes días rematei de ler o último libro do catedrático Narciso de Gabriel, Ler e escribir en Galicia, unha investigación (merecedora do premio Concepción Arenal) sobre a alfabetización dos galegos e galegas dende 1860 a 1990.Como é adoito neste autor (o noso primeiro estudoso sobre historia da lectura e da alfabetización en Galicia), o traballo […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
