Entradas por bretemas

Marilar Aleixandre en Budapest

A proxección da literatura galega no exterior é unha tarefa complexa que require un traballo demorado e sistemático por parte de todos. Afortunadamente cada vez son máis frecuentes as noticias da presenza dos nosos autores e autoras en eventos internacionais.Estes días soubemos da viaxe de Marilar Aleixandre a Budapest para participar, entre os días 29 […]

Limpeza de sangue: primeira crítica na rede

Xa advertimos hai máis dun mes do interese de Limpeza de sangue o premio Álvaro Cunqueiro 2005 de textos teatrais. Hoxe, cun pouco de retraso, coñecín a primeira crítica na rede. Inma López Silva valóraa moito, moito. Transcribo o parágrafo de remate da gabanciosa crítica: “Non quero deixar de lembrar que Limpeza de sangue vai […]

Libro e nación

“O libro é a nación portátil.”Manuel Rivas. Intervención na entrega dos premios Irmandade do Libro 2007. Carballo. Etiquetas: Rivas, Libro

Encontro do Plan de Bibliotecas

A asesoría de Bibliotecas Escolares preparou un gran programa para o novo Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, que terá mañá en Compostela. Mágoa non poder escoitar a Celaya e a meu admiradísimo Daniel Cassany, que impartirá unha conferencia co suxestivo título “Ler no século XXI”. Vía: Comunicación Cultural. Etiquetas: Bibliotecas_Escolares, Galicia

O merchandising de Penguin

A mítica editorial Penguin, con motivo do seu setenta aniversario, acaba de sacar ao mercado unha liña de merchandising (tazas, bolsas, lapis e hamacas). Un fetichismo literario moi British do que tirar algunha boa idea. Hai que recoñecer que esta xente segue parindo magníficas ideas. Vía: Laie. Etiquetas: Penguin

Longa noite de pedra

Este cartel sobre un texto de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro formará parte da campaña “Libros a la calle 2007″ que durante o mes de abril se desenvolverá no metro e nos autobuses públicos de Madrid, Zaragoza (xestionados pola mesma empresa de Vitrasa) e Segovia. A lingua galega viaxará nestes medios para […]

Armesto

X.F. Armesto proporcionoume a oportunidade de publicar a miña primeira colaboración en Faro de Vigo, hai agora vinte e catro anos, un feito que nunca poderei esquecer e non saberei como agradecerlle. Armesto foi o meu primeiro director, daquel Faro de comezo dos oitenta do Vigo de Soto que el quixo plural e galeguista.Mais, Armesto […]

Produción editorial 2006

Xa aparecen os primeiros informes sobre a produción editorial en 2006. Os datos amosan que en Galicia continúa o aumento do número de títulos editados e diminúe a tirada media, as dúas variables que caracterizan o estado do sector. Se comparamos estes datos cos da semana pasada é doado concluír que vivimos instalados no paradoxo […]

O blogomillo

O profesor Candelas fai hoxe en Faro unha síntese do estado actual do blogomillo. Recomendable. Etiquetas: Blogomillo