Acerca de bretemas
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6798 entries already.
Entradas por bretemas
O pulo do Facebook galego
/en Blogs, facebook, Internet, Literacidade/por bretemasO suplemento dominical «Estela» de Faro de Vigo dedica hoxe catro páxinas (pódense baixar ou ler en pdf aquí) ao pulo que colleu o Facebook en Galicia. A reportaxe supón a visibilización na prensa de papel dun fenómeno que nos últimos meses colleu unha dimensión sorprendente, tanto polo incremento do número de usuarios que nos unimos […]
Veredicto homófobo
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade, Vigo/por bretemasNo artigo da semana amoso a miña indignación polo veredicto homófobo emitido polo xurado que xulgou o crime da rúa do Porto do mes de xullo de 2006. Quedei abraiado cando lin as informacións aparecidas estes días a raíz do veredicto do xurado popular que exime da responsabilidade de asasinato a Jacobo Piñeiro Rial, a […]
Wikisaber
/en Educación, Literacidade, Tecnoloxías/por bretemasEste novo portal educativo, promovido por Intel Educación, presentarase en Madrid o vindeiro 11 de marzo. Ten carácter gratuito e aposta polo ensino e aprendizaxe colaborativas. Anúnciase como concibido para ser utilizado en todos os cursos do ensino obrigatorio por alumnado, profesorado e familias. Semella que algúns contidos son tradución e adaptación ao castelán doutros […]
O Celta, un equipo en busca de autor
/en Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasEquipo do Celta que desputou a final de Copa en 1994. Iván Riobó publica hoxe en Xornal de Galicia unha reportaxe sobre a actual crise do Celta, onde, xunto a doutros afeccionados celestes como Anxo Quintana e Modesto Riobó, aparecen algunhas das miñas opinións sobre a cuestión. Reproduzo os parágrafos onde aparecen as miñas palabras: […]
«Trama y texturas»
/en Libro_electrónico, Medios/por bretemasCo inicio do seu terceiro ano de andaina a revista Trama y texturas ofrece todos os seus números en soporte dixital, que poderán ser adquiridos na plataforma Todoebook e nas librarías conveniadas coa plataforma de libro electrónico de Publidisa. Trama y texturas, a partir deste o seu número sete, poderá lerse tanto en soporte analóxico […]
Interferencias, novo anuncio do BNG
/en Autonómicas_09, Publicidade, Vídeos/por bretemas[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KAGsOq1ORkY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Co novo anuncio electoral do BNG pásame o mesmo que co primeiro (o famoso “Eu son Anxo Quintana” leva 50.000 visionados, un exitazo!). En ambos os dous casos o relato visual é eficaz, mesmo impactante, porén, dende un punto de vista semántico é horroso, cando non politicamente reaccionario. Esa […]
Como será o mundo do libro en 2020?
/en Librarías, Libro, Libro_electrónico, Tecnoloxías/por bretemasA revista Qué leer convocou a seis expertos para que fixesen a súa análise de como cren que será o mundo do libro en 2020. A verdade é que algúns dos prognósticos son moi interesantes. Para Juergen Boos, director da Feira do Libro de Frankfurt, en 2018 a venda de contidos dixitais superará a dos […]
Revolución dixital?
/en Socioloxía, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasa href=”http://www.youtube.com/watch?v=NN3ZlOH4knM”>[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NN3ZlOH4knM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Se contas con sete minutos, recomendo seguir con atención este videoartigo sobre o concepto e os límites do dixital e da «revolución» que introduce na cidade contemporánea. Aínda que é de 2007 (e, dende entón, as cousas xa mudaron), algunhas afirmacións aínda son luminosas. Grazas, Txetxu, res razóns, […]
«Rosalía 21»
/en Efemérides, Novidades, Xerais/por bretemasHoxe é «Día de Rosalía», conmemoramos o 172 aniversario do nacemento da nosa poeta primeira. Con este motivo aparece Rosalía 21, o libro colectivo de ensaios do proxecto multiartístico coordinado por Anxo Angueira. Un libro ben fermoso para unha data que non debe pasar desapercibida.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Trump e o día escolar pola paz20 de Xaneiro de 2026 - 8:39 a.m.
Manicura celeste19 de Xaneiro de 2026 - 7:24 a.m.
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.
