«Crebas», nova exposición de Manuel Sendón
«Crebas» é o novo traballo que Manuel Sendón desenvolve no Aquarium da Coruña.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6798 entries already.
«Crebas» é o novo traballo que Manuel Sendón desenvolve no Aquarium da Coruña.
Recomendo seguir o twitter do 25 de abril. Aquela xornada de 1974, recordada hora a hora. Un esforzo extraordinario de documentación na rede que amosa as posibilidades comunicacionais e creativas do microblogueo.Unha iniciativa a emular.
Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega Do orixinal ao libro, o primeiro manual de edición técnica en galego que preparou o editor Juan L. Blanco Valdés. Jacobo Bermejo, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego acompañaranos nesta […]
As primeiras actuacións do Goberno Galego sobre o idioma son escasamente esperanzadoras. A Secretaría Xeral de Política Lingüística no organigrama administrativo volve a depender da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (como foi adoito durante os gobernos de Fraga), perdendo o seu carácter transversal e a intencionalidade de levar actuacións normalizadoras aos diversos ámbitos da […]
Mudeime a Blogaliza hai dous meses e estou moi satisfeito de telo feito. Agradezo moi sinceramete a axuda xenerosa de todo o equipo desta comunidade que ten por lumieira a de tecer a rede na nosa lingua. Razón pola que recibimos con moita satisfacción a nova do comezo, a partir do 1 de xaneiro, dunha […]
Hai tres días abrín o Tumblr brétemas, un espazo de microblogueo onde pretendo ir recollendo as ligazóns máis interesantes dos textos que leo cada día na rede (sexan artigos, anotacións de blogs, noticias, galerías fotográficas ou vídeos). Estas ligazóns actualízanse automaticamente na columna esquerda do blog (¨Ligazóns aconselladas»), o que permite unha lectura paralela das […]
No artigo da semana crítico a falta de planificación estratéxica dos equipamentos sociocomunitarios en Vigo, ao tempo que rexeito adecisión do alcalde Caballero de ubicar a nova Biblioteca do Estado na Escola de Artes e Oficios.
Orsinia localizou esta entrevista con Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura e Turismo. Dende 2004 foi encargado de asuntos culturais do Consulado de España en Nova York. A entrevista foi realizada en Central Park, NY en decembro de 2007 por Isaac Cordal, Roi Fernández e Berio Molina. Yago Avilés atopou estoutras dúas entrevistas, unha […]
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rrIvSNlg96s” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Un bo recurso didáctico.
Ao longo desta semana non tiven oportunidade de publicar anotación ningunha sobre o debate de investidura. Sobre a cuestión, remito ás publicadas por Perfecto Conde, Ian e Antón Baamonde, todas as tres moi interesantes. Porén, hoxe seguín os actos de investidura de Alberto Núñez Feijoo pola Radio Galega e pola transmisión que María Yáñez realizou en […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
