O novo Kindle DX

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/myqkadSYT2Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O novo Kindle DX de Amazon, presentado hoxe, presenta algunhas novidades. Semella concibido pola súa pantalla grande e polo seu lector de PDF nativo para poder ler con toda a comodidade documentos (A4), prensa e para ser utilizado como «libro de texto». Este novo lector portable de tinta electrónica ten un prezo de 489 $. Seguro que a competencia ofrecerá axiña resposta.

7 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Chama a atención que o mobiliario da casa (dun minimalismo moi evidente) onde se sitúa o lector careza de libros ou andeis (salvo o clásico adorno sobre a mesa, que ben pode ser un obxecto, sen letras nin imaxes). Anuncian non só un dispositivo senón a correspondiente consecuencia.

  2. Iago
    Iago Dice:

    Chámame a atención na cobertura do Kindle a falla de crítica ao modelo pechado do hardware. Seguindo a táctica de Apple, limítase, ou téntase facelo, a capacidade de modificar o funcionamento, acceder a outros contidos que os ofrecidos por Amazon, ou a trasferencia dos libros a outros soportes.

  3. Carlos suarez
    Carlos suarez Dice:

    Señor Brétemas deixoume perplexo esta nova atopada nun coñecido foro.
    “A perspectiva desde a porta’, escrita por Patricia Janeiro, apesar de ser no seu dia finalista do Premio Xerais, obtivo excepcionalmente a negativa da citada editorial para saír à luz, contravindo a regra nom escrita de publicar todas as obras finalistas do prémio. Umha negativa idêntica colheitou Janeiro em outras empresas do ramo que trabalham no País até ver publicada a novela em Positivas. O motivo do rechaço generalizado? A submissom do mercado editorial galego à ditadura do comercial e o politicamente correcto e a cárrega política dumha novela que levanta binchas entre muitos seguidores do nacionalismo de gestom.”

  4. bretemas
    bretemas Dice:

    Estimado Carlos Suárez: coñecía ese comentario e algunhas declaracións da autora sobre a cuestión. Asegúrolle que en ningún caso Xerais se negou a publicar a novela. No entanto, comprenderá que non entre a polemizar nin coa autora, que me merece a maior admiración, nin co seu editor, nin cos comentaristas da noticia.

  5. Crouched Club
    Crouched Club Dice:

    Tirado da entrevista de Vieiros a Patricia A. Janeiro:

    Despois de ser finalista do Premio Xerais, tiveches que petar en moitas portas para conseguir publicar o libro?
    Petei nalgunhas. Pouco despois de rematar o libro, mandeino ao Xerais a ver que pasaba e sorprendeume moito cando souben que era finalista. E despois non gañou, houbo unha certa polémica nalgún foro de internet, no que comentaban que a algún membro do xurado a novela non lle gustaba polo seu contido político, pero pouca cousa, e tampouco me parece interesante. Pero o que si me parece triste é que en Xerais, que normalmente publican tamén as novelas finalistas, non lles interesou nada, estivéronme dando largas moitísimo tempo, estiven moito tempo coa novela parada, e ao final ofrecéronme publicala nunha colección menor e case como se me estivesen facendo un favor. E daquela díxenlles que non, que prefería publicala nun sitio no que estivese contenta.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] renunciando ao seu modelo de dispositivo de lectura  propietario (actualmente o Kindle 2 e o Kindle DX) para facer, pola contra, maior fincapé na distribución dos contidos. Semella que a irrupción do […]

  2. […] do libro electrónico se abrirá cando se dirima a batalla dos dispostivos (hoxe temos o claro exemplo de que este un vieiro aberto),proceso que pode durar, quizais, dous ou tres anos. Con todo, o máis […]

Los comentarios están desactivados.