Entradas por bretemas

«As aulas e o despacho»

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo. O pasado sábado, Anxo Lorenzo remata a súa ponencia na xornada de formación cos membros dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros premiados na convocatoria de proxectos de innovación en normalización lingüística 2009-2010. No vídeo pode verse un extracto do debate posterior. As imaxes […]

O CCG analiza e propón

Pareceume moi atinado o ditame do Consello da Cultura Galega sobre as «Bases para a elaboración do Decreto de Plurilingüismo». O seu carácter analítico e propositivo, ao mesmo tempo, a súa insistencia sobre os aspectos sociolíngüisticos e educativos (deixando os xurídicos ao criterio do Consello Consultivo), compleméntanse como anel co texto elaborado pola Real Academia […]

Storytlr xunta as túas pegadas na rede

Moito agradezo a Goretoxo que montase unha nova ferramenta que permite xuntar as pegadas que imos deixando na rede. Hoxe a nosa identidade dixital constrúese coa conversa que mantemos empregando diversas ferramentas: no microbloguexo de twitter, na lectura dos feeds aos que estamos sucritos ou compartimos, nos vídeos que subimos ou na nosa participación nalgunha […]

«Dona Carme» continúa gustando

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Xx0hZLBTGR0″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Grazas, moitas grazas, a todos os lectores e lectoras do CEIP de Lamas de Abade! Dona Carme fai agora vinte anos. Comprobo que continúa gustando aos picariños e picariñas de hoxe e algunhas profesoras lle atopan utilidade didáctica. Que máis se lle pode pedir a este libro publicado cando […]

Día Escolar da non violencia e pola Paz

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/UoR0cuRfnKA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Moito agradezo o esforzo que Anxo e Gracia veñen facendo en recompilar materiais da rede sobre a efeméride de hoxe, o Día Escolar da non violencia e pola Paz, que proban a vitalidade da celebración e a calidade e eficacia do traballo didáctico realizado nas aulas e nas bibliotecas […]

«55 mentiras sobre a lingua galega», primeiro libro de ProLingua

Paréceme extraordinaria esta iniciativa de ProLingua de publicar un libro que desmonta aos prexuízos e as mentiras tecidos arredor do idioma noso, ao tempo que a magnífica idea de presentalo de forma simultánea (o serán do 5 DE FEBREIRO) en [polo momento] cincuenta e seis localidades galegas e do mundo enteiro. Esta multipresentación expansiva vai […]

Ferrín presidente

No artigo da semana en Faro de Vigo (desta volta publicado en luns) parabenizo a X.L. Méndez Ferrín con motivo do seu nomeamento como presidente da Real Academia Galega. Entendo que esta é unha noticia feliz para a nación dos galegos, tanto por tratarse da figura cimeira da cultura galega contemporánea, como dunha das personalidades […]

«Non dubidaría», reflexión na semana de educación pola paz

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/sUCq8avx4do” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Para Xesús R.Jares, sempre Esta semana, con motivo da festa do 30 de xaneiro, as nosas escolas volverán encherse de globos pola paz. A celebración deste «Día Escolar da non violencia e pola Paz» remóntase en Galicia a 1984, ano no que comezaron as actividades de educación pola paz […]

Unha retirada a tempo

Superado o rubicón que supuxo a folga e a manifestación do 21 (un éxito rotundo), bo sería que, máis alá do apoio telúrico da «maioría silenciosa», invocado polos promotores das «Bases do decreto de plurilingüismo», valorásemos devagariño e coa maior racionalidade os apoios as críticas e as suxestións recibidas polo documento do Goberno Galego. No […]