Entradas por bretemas

Onte 828: Indígname

Indígname a lei de Gallardón liquidando o aborto como dereito. Indigname esta lei machista que controla a vida das mulleres. Indígname que as mulleres, coa excepción de se son violadas, non teñan dereito a decidir sobre o seu propio corpo e sobre como orientar as súas vidas. Indígname que médicos e xuristas poidan obrigar a unha […]

Onte 827: A fin de NGB

A venda de NGB a Banesco supón a liquidación definitiva das caixas de aforros galegas, unha derrota do aforro popular galego sen posibilidade de retorno nin revancha posible. Con todo, foi a perda do carácter sistémico de Novagalicia banco, a pesar de que o FROB puxo nove mil millóns de euros, a decisión fulcral dun […]

Onte 826: Homenaxe a Cameselle

A presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) no Club Faro de Vigo constituíu unha homenaxe moi emocionante ao fotográfo Guillermo Cameselle. Gustoume o retrato humano que do fotógrafo de Lavadores perfilou o seu compañeiro o xornalista Luis Piñero, que revelou o carácter aprensivo de Guillermo, con quen compartiu reportaxes inesquecibles. Foi moi oportuna […]

Onte 825: No Salón Do Libro Infantil e Juvenil de Madrid

Convidados por Sara Moreno, presidenta de Consejo del Libro Infantil y Juvenil viaxamos a Madrid para participar no «Día de Galicia» do Salón do Libro Infantil y Juvenil de Madrid. Pola mañá Agustín Fernández Paz e Xabier DoCampo en calidade de autores; Xosé Cobas, Xan López Domínguez e Marina Seoane como ilustradores e eu mesmo […]

Onte 824: «A illa de todas as illas»

No serán de luns participamos na Coruña na presentación d’ A illa de todas illas, o libro escrito por Xabier DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, no que reivindican o relato de aventuras como eixo da formación do criterio do lector literario. Foi unha grande beizón contar coa presenza de Agustín Fernández Paz que pronunciou […]

O Vigo de Cameselle

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao libro antolóxico do fotógrafo Guillermo Cameselle, que será presentado o mércores 18 de decembro, ás 20:00 horas no Club Faro de Vigo. Coincidindo co primeiro aniversario do pasamento de Guillermo Cameselle, Xerais acaba de publicar un libro antolóxico do seu traballo como fotoxornalista de “Faro […]

Onte 823: Comida caducada

Estremece a noticia da morte en Alcalá de Guadaira de tres persoas dunha mesma familia, o matrimonio e unha filla de 14 anos, a causa dunha intoxicación alimentaria presumiblemente provocada por tomar «comida caducada». O home, que era fontaneiro de profesión, perdeu o seu emprego ao comezo da crise e, dende entón, semella que o […]

Onte 822: «A Terra Queima»

A presentación na Libraría Arenas d’ A Terra Queima, o libro cedé de Lalo Carnota e Xurxo Souto, constituíu un grande serán de música coruñesa e de exaltación da cultura mariña. Abriu a presentación-concerto Xurxo Souto saudando aos presentes utliizando o título da novela máis recente de Bernardino Graña, Medre o mar! Agradeceu tamén a […]

Onte 821: O solpor da cupletista

A viguesa libraría Andel quedou pequena para acoller a todas as persoas que acudiron á presentación d’ O solpor da cupletista, o libro máis recente da escritora María Xosé Queizán. A terceira edición dun texto que inicialmente fora publicado en 1995 pola editorial Nigra, naquela colección de peto Tusi Tala, recuperado por Xerais en edición […]