Entradas por bretemas

Onte 989: Pedro Petouto en Vigo

Excelente presentación na Feira do libro de Vigo da quinta edición de Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, o libro narrativo de Xesús Alonso Montero, actual presidente da Real Academia Galega. Iniciou o acto o profesor Modesto Hermida que abordou os valores literarios dunha obra que definiu como «pequenísimo libro, compendio xigantesco de […]

Onte 988: O fío do vermello de An Alfaya

A editora Helena Pérez e o escritor Antón Garcia Teijeiro presentaron onte O fío vermello, o libro máis recente de An Alfaya publicado por Xerais na coleccíon Merlín. Comezou o seu discrso Antonio expresando a sua convicción de que a literatura debe estar cerca dos nenos, dos lectores en formación. Confesou sentirse identificado coa concepción […]

Onte 987: Podemos gaña en Navia

O feito de que Podemos gañase as Europeas en Navia non debe pasar desapercibido. Esoutro novo Vigo, un polígono de vivendas de promoción pública e cooperativa, cunha poboación que ten a media de idade máis baixa de Galicia, está chamado a marcar as tendencias do voto da xeración de menores de 40 anos. Nas últimas […]

Catro décadas na Alameda

No artigo da semana en Faro de Vigo animo a participar na Feira do Libro de Vigo que se celebra esta semana na Alameda de Vigo. Teño querenza pola Feira do Libro que se celebra nos xardíns da praza de Compostela. O venres inaugurouse a cuadraxésima edición na que se abandona a súa tradicional convocatoria […]

Onte 986: Racha o taboleiro

Os resultados das Europeas racharon o taboleiro. Os partidos considerados sistémicos de cada espazo político sufriron un pao severo do seu electorado. PP e PSOE en todos os territorios, Izquierda Unida na Comunidad de Madrid, o BNG en Galicia, por poñer só tres exemplos. A irrupción de forzas alternativas de esquerda, Podemos en toda España, […]

Onte 985: Temos dereito a un futuro distinto

A viguesa editorial Engaiolarte abriu o seu catálogo cun excelente libro de conversas de Xan Carballa con Xavier Vence, portavoz nacional do BNG. Gustei da edición coidada deste libro alboral tanto polo singular do seu formato cadrado, pola composición da páxina e o tratamento do texto e fotos coma polo acabamento en flexi-book, aspectos nos […]

Onte 984: Na Feira do Libro de Vigo

Comezou onte a Feira do Libro de Vigo, instalada na praza de Compostela até o domingo un de xuño. Pola mañá asistimos o acto de inaguración no que Pedro Feijoo interviu como pregoeiro e pola tarde participamos nas presentacións dos libros máis recentes de Carlos Negro e Agustín Fernández Paz. No seu pregón Pedro reivindicou o papel de […]

Onte 983: Traballar dende as raíces

A presentación na librería Trama de Lugo d’ A alternativa está aquí, o ensaio de María Reimóndez, constituíu unha sesión de reflexión sobre a coperación e o seu enfoque dende a corresponsabilidade. Salientouno Branca Rodríguez Pazos, a presentadora do libro, cando o cualificou como «unha porta á esperanza, a partir dun cambio individual que se […]