Entradas por bretemas

Onte 1548: Ano #ManuelMaría, ano da poesía

O éxito que obtivo onte a etiqueta #ManuelMaría aventura o do ano dedicado ao poeta chairego. Sei que o ano Manuel María será unha gran celebración colectiva que  incrementará o coñecemento e difusión da obra dun dos poetas máis valiosos do nos tempo, ademais de contribuír o fomento da nosa lingua, da protección da nosa paisaxe e patrimonio, […]

Poema de hoxe 1: «Terra de labradío» de Manuel María

¡A terra arada e labrada só quere ser sementada! Manuel María, Terra Cha (Xerais, edición de 1989)

Continuemos soñando os nosos soños

Cada tarde de San Silvestre procuro un temazo de Oasis para compartir azos e esperanzas para o novo ano. Neste 2015 escollo «Little by little» (2002), unha canción na que Noel Gallagher apela a continuar loitando polos nosos soños: «Somos xentes loitando pola nosa existencia. Non tratamos de ser perfectos, mais somos libres soñando sós os nosos […]

Onte 1547: Feminicidio

O magnífico Portal das Palabras elixiu “refuxiado” como a palabra do ano 2015. Mil setecentas persoas escollérona entre a media ducia de finalistas, –onde estaban “feminicidio”, “rechouchío”, “indignación”, “xihadismo” e “plebiscitario”–, probablemente para expresar a súa solidariedade cos millóns de persoas obrigadas a fuxiren dos seus países de orixe cara Europa. Xaora, e co maior […]

Campo do Fragoso CLXXI

GRAZAS, AUGUSTO Lembraremos a derrota de onte contra o Athletic Club como o encontro da despedida de Augusto Fernández, un xogador que en tres tempadas e media, pouco máis dun cento de partidos, gañou un espazo de seu no cadro da memoria dos celestes imprescindibles. Futbolista honrado e estudoso, técnico e físico, reflexivo e afouto, […]

Onte 1546: «Teoría do riso» de Antón Patiño, presentación en Librouro

Pechamos onte o programa de actos e presentacións de 2015 coa de Teoría do riso de Antón Patiño. A pesar do infrecuente da data, en Librouro non cabía unha agulla nun acto no que o crítico e comisario Alberto González Alegre e o músico e escritor Julián Hernández debullaron os contidos dun libro que despois da publicación en […]

Onte 1545: «Sufragistas»

Gustoume Sufragistas, o film de Sarah Gavron sobre a conquista do voto feminino no Reino Unido hai un século. Cine político que reivindica tanto a dignidade das mulleres como afirma a necesidade de pelexar, mesmo até poder perdelo todo, se queremos conquistar os dereitos civís. A excelente reconstrución histórica, tanto no guión como na ambientación, axuda a facer […]

Onte 1544: A camiseta é a camiseta

Non podo deixar de recomendar esta peza memorable sobre o que é o sentimento celeste. 75 segundos de emoción sostida a rentes da lameira do Fragoso na que se repasa os mitos recentes e a identidade dun equipo de todos e todas. A locución de Eduardo Berizzo pasará a historia do celtismo. «Isto é máis que 150 gramos […]

Onte 1543: Mensaxe descafeinada

Non estiveron moi finos os asesores de El-Rei nin na posta en escena nin nos contidos da súa mensaxe de nadal deste ano. A elección da sala do trono do Palacio Real expresa unha ostentosa grandilocuencia do monarca que, coa intención de distanciarse do estilo campechano do pai, faino tamén da cidadanía. Como a teimosa insistencia […]