Entradas por bretemas

Onte 1552: «A morte de Valle-Inclán»

Fixéronse onte 80 anos do pasamento en Compostela de Valle-Inclán, abordado no libro A morte de Valle-Inclán. O último esperpento que Xerais achegará ás librarías a vindeira semana. Dende tres olladas (a xornalística de Carlos Reigosa, a biográfica de Javier del Valle-Inclán e a teatral e literaria de José Monleón) reconstrúese con rigor documental o relato dos últimos nove meses da […]

Poema de hoxe 6: «Cantos de reis»

Cantámoslle os reis guedellas de cabra; cantámoslle os reis e non nos deches nada. Popular, Cantos de reis.

Cluny desaparecido

No artigo da semana no Faro de Vigo lamento o derrubo do edificio de Cluny do arquitecto Antonio Cominges. O edificio do colexio Cluny da Gran Vía, proxectado en 1929 polo arquitecto vigués Antonio Cominges Tapias, acaba de ser derrubado a gran velocidade. Unha peza histórica menos e outro capítulo máis para ese groso volume […]

Poema de hoxe 5: «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo» de Claudio Rodríguez Fer

Escríboche como ti nos escribías coa materia prima do mañá moi dentro (…) Escríboche como ti nos escribías dispostos sempre a comezar Claudio Rodríguez Fer, «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo», no cuarto cabodano de Isaac.

Onte 1550: Brétemas 11 anos

Tal día como onte hai once anos iniciei a publicación destas Brétemas. Dende entón publiquei 5.090 anotacións, das que 423 corresponderon aos últimos doce meses. Dende inicios de 2005 na rede producíronse moitas e profundas mudanzas, apareceron as redes informativas e sociais e aquel grupo inicial do blogomillo foi diversificando os seus intereses e participando en […]

Poema de hoxe 4: «Proxectos» de Celso Emilio Ferreiro

O meu programa é iste: proclamar o dereito á esperanza infundada i ó imperativo categórico do porvir imperfecto. Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, (Xerais, edición de 2004) no 104 aniversario do seu nacemento.

Onte 1549: Agasallos

Nestes días andamos todos ás voltas cos agasallos de Reis, eses instantes de ilusión que tras os excesos do Nadal nos devolven á rotina e todos os seus problemas. Onte Vigo era un irevir onde resultaba moi difícil moverse, mesmo en Librouro, a nosa libraría de cabeceira, onde estivemos fedellando un bo anaco. Xaora, para as […]

Poema de hoxe 3: «Teoría do riso» de Antón Patiño

TEÑO unha glándula que segrega infinito (díxolle J.R.J. ao seu médico) Antón Patiño, Teoría do riso (Xerais, 2014)

Poema de hoxe 2: «cousiñas» de María Reimóndez

quen dera poder ficar neste mundo das cousas pequenas! mais axiña chega unha vaga de responsabilidade e vida María Reimóndez, cousiñas (Fabulatorio, 2013)