Poema de hoxe 88: «Outro poema dos dons» de Xulio L. Valcárcel
Gracias quero dar polos días que compartes comigo, pola caricia e polo beixo. Xulio L. Valcárcel, En voz baixa (Esquío, 1997)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6814 entries already.
Poema de hoxe 88: «Outro poema dos dons» de Xulio L. Valcárcel/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Gracias quero dar polos días que compartes comigo, pola caricia e polo beixo. Xulio L. Valcárcel, En voz baixa (Esquío, 1997)
A mudanza ao horario de verán, que sufrimos onte, reabriu o debate sobre a posibilidade de adopción da «hora galega», que non é outra ca do meridiano de Greenwich (GMT). Unha proposta que hai dez anos foi aprobada na XIIª Asemblea Nacional da BNG e que hai uns meses foi incluída polo PSOE e Ciudadanos […]
Poema de hoxe 87: «O aire» de Antón Lopo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Nada me gusta máis que o aire. Antón Lopo, Fálame (Esquío, 2003)
Dende hai máis dunha semana, despois de sufrir un ataque no que se incorporaron na miña cronoloxía de Twitter varios centos de perfís de forma automática, non podo enviar mensaxes directas nin chiar nin rechouchiar nin engadir novos seguidores nin incorporar novas entradas no meu listado de favoritos. Tentei solucionar o problema seguindo as indicacións do […]
Poema de hoxe 86: «En Compostela o tempo non se nota» de Xosé Miranda/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
En Compostela o tempo no se nota, cólmanos a quietude do vivido; énchense as tardes dun lonxano ruído, que é, se cadra, memoria moi remota. Xosé Miranda, Permiso para o corso (Esquío, 1997)
Despois de dous meses lendo para un concurso, aproveitei para meterme con Pais-Austerlitz, a obra póstuma do admirado Rafael Chirbes, á que dedicou dúas décadas de reescritura. Fose polas dimensións reducidas, polo fondo pesimismo como pola perfección da estrutura e da prosa, lembroume a Mimoun e La buena letra, dúas das súas primeiras novelas. Xaora, utilizando a […]
Poema de hoxe 85: «A nación anónima» de Lino Braxe/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Mais nós, a nación das fantasmas, non seremos xamais derrotados, Lino Braxe, O longo día acaba (2002)
Para a miña xeración Joan Cruyff é o primeiro xenio do fútbol que vimos no estadio de Balaídos e nas pantallas de televisión no período de transición entre o branco e negro e a cor. Johan foi, xunto ao meu admiradísimo George Best, cabezaleiro dos futbolistas melenudos, a xeración ye-ye dacabalo das décadas de 1960 e […]
Poema de hoxe 84: «Miniaturas» de Manuel M. Romón/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
se me queres escoita o que digo polas noites grávao Manuel M. Romón, Miniaturas (Correo Bereber, 1987)
Mustang, a película coa que debuta a directora francesa de orixe turca Deniz Gamze Ergüven, foi unha moi agradable sorpresa. Cinco irmás, criadas pola súa avoa nunha pequena poboación do norte de Turquia, á beira do Mar Negro, enfróntanse ás convencións da sociedade patriarcal que chegadas á adolescencia as prepara e as ofrece como futuras […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
