Entradas por bretemas

Onte 1657: “A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

Máis dun cento de persoas participaron onte no Museo de Pontevedra na presentación d´A rotura das paisaxes de Xesús Constela. Un acto organizado polo Atneo de Pontevedra que resultou fermoso, divertido, emocionante nalgúns momentos, onde o autor conversou co xornalista e crítico Ramón Rozas e recitou parte do poemario “Cidade castigada” (incluído na novela). Un […]

Poema de hoxe 120: “Os papeis do vagabundo” de X.H. Rivadulla Corcón

Que os silencios se prolonguen pola eternidade para que o amor siga tan eterno coma eles. X.H. Rivadulla Corcón, Os papeis do vagabundo (Espiral Maior, 2010)

Poema de hoxe 119: “As luces de noutrora” de Edelmiro Vázquez Naval

Hai poemas que nacen en abril, follas novas nas árbores espidas que xermolan nas pólas da esperanza Edelmiro Vázquez Naval, As luces de noutrora (Espiral Maior, 2010)

Onte 1656: Galicia cen

Levo días interesado en “Galicia cen”, o proxecto divulgativo do Consello da Cultura Galega preparado para contar a nosa cultura a partir de 100 obxectos, outras tantas iconas ou fetiches vinculadas a momentos da nosa historia. Un proxecto expositivo, editorial e multimedia inserido na tradición divulgadora anglosaxona concibido para desenvolver a autoestima e o coñecemento do país. Polo […]

Onte 1655: “Historia das historias de Galicia” en Couceiro

Interesantísima resultou onte a presentación en Couceiro de Historia das historias de Galicia, o fascinante libro colectivo editado por Isidro Dubert. O editor e promotor da obra explicou que a súa orixe estivo nun curso de verán que organizara en 2014 coa intención de estudar a pervivencia na cultura galega dunha serie de historias míticas ou […]

Poema de hoxe 118: “Bater de sombras” de Francisco X. Fernández Naval

Só era unha cadea que te mantiña vinculada á rocha Francisco X. Fernández Naval, Bater de Sombras (Espiral Maior, 2010)

Onte 1654: Abril

A rede inundouse onte de lembranzas daquel 25 de abril de 1974, un día, como salientou a poeta Sophia de Mello Breyner, “onde emergimos da noite e do silêncio / e livres habitamos a substância do tempo“. Unha efeméride que continúa emocionando e achegando azos de esperanza a nosa xeración, tantas veces derrotada, mais por […]

Campo do Fragoso CLXXIX

EUROCELTA Conseguido o obxectivo matemático da clasificación europea o celtismo deu onte á noite unha lección de responsabilidade extraordinaria. Contido no seu lexítimo entusiasmo, despois de acadar un soño tan lonxano como é regresar a Europa despois dunha década, a bancada sostivo ao equipo durante os noventa minutos dun partido moi difícil, con momentos de […]

Poema de hoxe 117: “Palabras para un baleiro” de Baldo Ramos

mentres hai silencio hai esperanza Baldo Ramos, Palabras para un baleiro (Espiral Maior, 2009)

Onte 1653: «Tártarus» de Antonio Manuel Fraga

Moito pagou a pena a presentación de Tártarus, a novela de Antonio Manuel Fraga, que fixemos na FNAC con motivo do día do libro. A crítica María Xesús Fernández conversou co autor sobre unha novela de fantasía da que salientou «o seu carácter de relato enmarcado no que unha muller relata a historia protagonizada por outra que […]