Entradas por bretemas

Poema de hoxe 148: “Celebración” de Gonzalo Hermo

Porque non hai lingua que impugne o contido dunha perda nin hai consolo desta volta no brazo das palabras Gonzalo Hermo, Celebración (Apiario, 2014)

Onte 1685: “O anxo negro” de Manuel Gago

Acompañamos onte a Manuel Gago na presentación da súa primeira novela, O anxo negro. Como hai pouco máis de dous anos, cando se presentara Vento e chuvia, Gago escolleu a Igrexa da Compañía como espazo para compartir unha obra na que se aborda como tema principal a posta en valor do noso patrimonio. Un serán no […]

Poema de hoxe 147: “Aldraxe contra a xistra” de Manuel María

O noso país sigue a durmir debaixo dun mantelo de escurísima brétema. Manuel María, Aldraxe contra a xistra (Edicións Roi Xordo, 1973)

Onte 1683: Diálogo dos poetas Rafael Cadenas e Anxo Angueira

Acompañei a Anxo Angueira no diálogo que mantivemos onte en Vigo co poeta venezolano Rafael Cadenas. Tras a recollida do Premio Internacional de poesía Federico García Lorca, outorgado polo concello de Granada, o autor do mítico poema “Derrota” (1963), unha das grandes voces da poesía española das seis últimas décadas, dialoga cos poetas galegos nunha xira […]

Poema de hoxe 146: “No outono o mundo” de Manuel María

Nós somos un pobo que podemos falar e entendernos coas nubes, coas fragas, cos camiños, co mar, cos ventos, coas fontes e dialogar cos vivos e cos mortos. Por iso a nosa patria non é soio un anceio é esta terra real na que soñamos. Manuel María, Brétemas do muiñeiro e poema da néboa aferrollada (1980)

Poema de hoxe 145: “Esta brisa máxica” de Manuel María

Que palabra purísima poderei crear pra nomeala? Que palabra ou silencio pra dicir con xusteza o seu tremor de lúcida alborada? Manuel María, Os lonxes do solpor (1993, 2012)

Onte 1682: Sabino Torres, decano dos editores galegos

Sentín o pasamento onte de Sabino Torres, o decano dos editores galegos en activo, o fundador da colección Benito Soto e actual responsable de Hipocampo Amigo. Hai dous anos comentabamos a publicación das súas memorias, Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930.1960, nas que con grande elegancia e detalle reconstrúe a historia social e cultural pontevedresa […]

Poema de hoxe 144: «Sei o que vale un verso» de Manuel María

Un verso nunca vale o que vale o chío dun paxaro, nin ten a forza dun río ou o poder arrepiante dunha bala. Pero eu sigo fidel, encadeado á música amorosa das palabras. Manuel María, Remol (1970)