Entradas por bretemas

Onte 1777: Chus Pato académica

A elección de Chus Pato como membro da Real Academia Galega recoñece a extraordinaria traxectoria literaria da poeta ourensá, contribuíndo ademais ao proceso de normalización da institución. A incorporación da autora de Hordas de escritura e Charentón, unida á recente de Marilar Aleixandre, debería abrir definitivamente a porta da Galega a outras autoras, entre as […]

Onte 1776: «Todo o tempo do mundo», presentación en Noia

Moi emocionante e divertida resultou a presentación do serán de onte en Noia de Todo o tempo do mundo, a novela de David Pérez Iglesias, ilustrada por Marcos Viso, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2016. O escritor Agustín Agra, gañador hai dez anos do Premio Merlín, despois de relatar como coñeceu a David […]

Onte 1775: Manuel Veiga no Ateneo de Pontevedra

Presentamos no serán de onte no Ateneo de Pontevedra Todo ser humano é un río de Manuel Veiga. na súa intervención de acollida, Xaime Toxo, presidente do Ateneo, cualificou o libro de “preciso e precioso”, “sendo a ollada como conciencia de narrador solitario a protagonista da novela”. Cualificou a obra como “evocadora, antisublime e valente”. […]

Onte 1774: Fermín Bouza, un dos poucos imprescindibles

Non é doado encaixar o pasamento de Fermín Bouza, o grande mestre galeguista da esperanza. Como chiou onte Manuel Rivas «Fermín era luminoso e valente, un punto de luz cruzaba o escuro», así se presentaba cando chegaba de Madrid cos azos e o entusiasmo que aquí sempre tanta falta facía para poñer en marcha os […]

Onte 1773: Samaín dos libros

A presentación da nova edición de Bala Perdida, a primeira novela de Manuel Rivas para público novo, coincidiu co Samaín dos Libros no que a editorial participou onte na FNAC da Coruña e na Libraría Paz de Pontevedra. Unha nova xornada a incluír no calendario do libro e da lectura para celebrar textos como estes de […]

Onte 1771: “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga

Presentamos no serán de onte na libraría Librouro de Vigo Todo ser humano é un río, a nova novela de Manuel Veiga. Presentou a obra o poeta Antonio García Teijeiro que a culificou de “novela río, da memoria, que mestura xéneros e rexistros sintácticos diferentes cunha brillantez enorme, unha verdadeira obra de arte”. Comezou Teijeiro […]

Onte 1770: Conversa sobre “Placebo” en Compostela

Resultou onte moi interesante a conversa que mantiveron na libraría Couceiro de Compostela Kiko Novoa e Jaureguizar arredor de Placebo. O xornalista do Galicia por diante comezou preguntando que había do autor na novela, ao que Jaureguizar respondeu que “cando escribes un libro sempre falas de cousas túas; en Placebo o que máis ten que ver […]

Balaídos é municipal

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á polémica sobre a proposta de privatización do estadio de Balaídos. Como adiantabamos hai un mes nestas páxinas xenerosas de “Faro de Vigo”, cando comentabamos os ruxerruxes relativos á venda do Celta a capital estranxeiro, a cerna desta deboura que tanto inqueda ao celtismo estaría na interpretación […]

Onte 1769: Día da biblioteca

Fermoso  o texto que escribiu Ledicia Costas para o Día da biblioteca, celebrado onte. Un texto inzado de imaxes luminosas sobre os libros que habitan nas bibliotecas (aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises), mais tamén sobre as persoas que os custodian (seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos). Un texto, ilustrado […]