Entradas por bretemas

Onte 1888: «Lendo lendas, digo versos» na Lista de Honra de IBBY

Aledeime que Lendo lendas, digo versos, un dos títulos da nosa serie Milmanda, fose seleccionado para formar parte da Lista de Honra do IBBY do bienio 2016-2018. Recoñécese así esta obra como unha das máis significativas no eido infantil e xuvenil das publicadas no mundo neste período, o que constitúe un estímulo para o traballo do equipo […]

Onte 1887: «O xogo de Babel» de Elena Gallego

Resumiuno de marabilla Elena Gallego nunha frase pronunciada onte na presentación en Bueu d’ O xogo de Babel: «Non se pode normalizar unha lingua como a galega e non escribir nunca “Quérote”». A autora de Dragal explicaba así as razóns de ofrecer unha novela centrada na historia dun triángulo amoroso, afastada do politicamente correcto e capaz […]

O soño de «Tetilla» e outros editores vigueses

Dedido o artigo da semana en Faro de Vigo á segunda entrega da historia da edición viguesa, centrada sobre os editores Eugenio Krapf, José Cao Moure e Eugenio Barrientos: Eugenio Krapf foi o primeiro dos editores vigueses do século XX. Impresor e libreiro vigués nacido en Zürich, establecido na rúa Policarpo Sanz, ademais de publicar […]

Onte 1886: Os camiños que abriu Agustín

Gustei moito da lembranza que Xesus Fraga fixo onte en La Voz de Galicia da figura de Agustín Fernández Paz, cando se cumpre un ano do seu pasamento. Acerta Ramón Nicolás cando salienta que “Agustin abriu camiños polos que as novas xeracións transitan agora”, referíndose tanto ao lectorado literario galego como a ese grupo de […]

Onte 1885: «Estiu 1993» de Carla Simón

Na primeira escena de Estiu 1993, a opera prima de Carla Simón, un rapaz pregúntalle a Frida, a protagonista, «e ti por que non estás chorando?», cando tras o pasamento da súa nai, vítima da SIDA como o pai, abandona a casa de Barcelona camiño da masía da Garrotxa onde se instalará cos seus tíos. […]

Onte 1883: Culturgal10

Presentamos onte na Casa da Luz de Pontevedra a décima edición de Culturgal, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura. A nova imaxe gráfica, deseñada por Pepe Barro, dende un novo logotipo en formato gif até a cartelaría e sinalética, pretende expresar o proceso de hibridación que atravesa toda […]

Onte 1882: Gogue e o universo de Floreano

Onte ás dez da noite presentamos Floreano, o libro de humor gráfico de Gogue, na praza do concello de Ribadumia. Unha hora e un espazo pouco frecuentes para a presentación deste libro singular que antologa catrocentas tiras protagonizadas por Floreano, este borrachiño defensor da tasa, embaixador universal do viño de Barrantes. Tras as presentacións do […]

Onte 1881: O pregón de Carlos Núñez na Feira do Libro de Vigo

Resultoume imposible acompañar a Carlos Núñez na lectura do seu Pregón na Feira do Libro de Vigo. Unha peza nacida da experiencia e das conviccións dun dos profesionais máis destacados da edición, o deseño e a industria gráfica do noso país. Non esquezamos que Carlos Núñez Le Vieux é autor de obras neste eido tan importantes […]