Vivir é compartir
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/orukqxeWmM0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Publicidade de T-Mobile.
Vía: Estrelas e limóns (grazas).
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/orukqxeWmM0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Publicidade de T-Mobile.
Vía: Estrelas e limóns (grazas).
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/sf01GiYq-U4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/xmAzMP7g2dY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Unha viaxe polas rúas e barrios coruñeses de hai máis de trinta anos da man dos troles. Un exercicio de memoria moi interesante.
Vía pelouro (grazas).
A entrevista a Guillermo Schavelzon, o axente de autores literarios como Suso de Toro ou Paul Auster, é moi clarificadora sobre o actual momento da edición literaria. Algunhas das súas respostas a José Antonio Millán constitúen un diagnóstico das incerteza que presiden este momento de tránsito (mudanzas e continuidades) entre os soportes analóxico e dixital e entre o modelo de edición «lecturas literarias» e o o de «lecturas de grande consumo».
Para Schavelzon, a primeira mudanza produciuse no papel do propio axente literario convertido no interlocutor principal do autor. Os editores, vítimas da concentración das súas empresas e dos seus amplos plans editoriais, serían incapaces de manter o nivel de esixencia que implica a relación cos autores.
Con respecto á cuestión dos dereitos dixitais é tremendamente clarificadora esta súa afirmación: «Un libro non é só “un contido”, é moito máis», facendo, sen dúbida, referencia ao seu carácter de ben cultural, tantas veces minusvalorado ou conscientemente esquecido. Comparto, tamén, con Schavelzon a súa convicción de que o camiño para o negocio do libro electrónico se abrirá cando se dirima a batalla dos dispostivos (hoxe temos o claro exemplo de que este un vieiro aberto),proceso que pode durar, quizais, dous ou tres anos. Con todo, o máis clarificador desta entrevista tan recomendable é o seu diagnóstico contundente sobre a situación global da da edición literaria:
Los problemas más urgentes que deberá enfrentar el libro son otros, como la reducción de las páginas de cultura de los diarios o su transformación en secciones que llaman “tendencias”, o la desaparición de suplementos literarios, que siguen siendo los principales prescriptores para el buen lector.
Efectivamente, hoxe o problema principal da edición literaria é o da súa visibilidade, tanto nos espazos libreiros (coa excepción daquelas poucas librarías de cultura que resisten) como nos dos medios de comunicación. Quizais, quedoulle a Guillermo a posibilidade de abrir unha xanela de esperanza que, sen dúbida, está hoxe no traballo da rede bibliotecaria e do voluntariado para a lectura.
[A foto é de © Daniel Mordzinski]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/myqkadSYT2Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
O novo Kindle DX de Amazon, presentado hoxe, presenta algunhas novidades. Semella concibido pola súa pantalla grande e polo seu lector de PDF nativo para poder ler con toda a comodidade documentos (A4), prensa e para ser utilizado como «libro de texto». Este novo lector portable de tinta electrónica ten un prezo de 489 $. Seguro que a competencia ofrecerá axiña resposta.
Teresa Moure leu o pasado primeiro de maio un pregón formidable na inauguración da Feira do Libro de Santiago. O novo conselleiro de Cultura, que por vez primeira participaba nun acto público, debeu tomar boa nota. O texto completo do discurso de Teresa Moure pode descargarse aquí. No entanto, recollo dous fragmentos sobre o papel do libreiro e o valor social da lectura que deben quedar ben gardadiños no blog:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NYH_Pltivpo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Únome aos milleiros de admiradores da intervención de Belén Regueira nos Mestre Mateo, comunicadora da que dende hai tempo somos seguidores rendidos. Belén sinala nestes dous minutos e medio memorables os vieiros que debemos seguir na defensa do galego: rigor na argumentación, coñecemento do problema, afouteza e simpatía na comunicacións. Beizóns, Belén!
No artigo da semana valoro como positiva a noticia da creación da delegación da Xunta de Galicia en Vigo, ao tempo que reitero a necesidade dun acordo nacional arredor da organización do territorio. Rachar por vez primeira na nosa historia contemporánea a estrutura provincial da administración constitúe un feito moi significativo.
Vía Txetxu Barandiarán.
Gustoume o o proxecto gráfico deseñado por Xan López Domínguez para o espazo web do Congreso do IBBY 2010 en Compostela.
Xa se coñecen algúns dos primeiros nomes de conferenciantes, seminarios ou de actividades dunha cita extraordinaria e decisiva para o sector editorial galego.
[Poden colocarse banners no blog e descargarse folletos co avance do programa]
Tras o seu regreso a Galicia, Feijoo viuse obrigado a mudar de plans. A súa vergonzosa actitude de sumisión diante de Pedro J. e Jiménez Losantos levouno a comprometerse en que ordenaría a Inspección Educativa que enviase de forma inmediata unha circular aos centros educativos coa pretensión de «restaurar os dereitos civís» nas aulas e de respectar a liberdade lingüística de alumnado e profesorado. Sen dúbida, os responsables da Inspección Educativa da Consellaría deberon levarse as mans a cabeza diante de semellante despropósito xurídico e educativo expresado polo presidente que abría a guerra lingüística nas aulas.
Onte, para vestir o mellor posible tan enorme esvarón, Feijoo recuperou o seu perfil de tecnócrata dialogante asegurando que por «prudencia e seguridade xurídica» (o que lle faltou diante de Losantos) os plans de reforma do decreto de uso do galego quedarán para o vindeiro curso, salientado o «carácter demócrata e galeguista do seu goberno». Un compromiso de tregua unilateral, avalado co seu compromiso persoal de que utilizará no Parlamento só o galego (xustificado polo seu dereito a elexir) e que apupará aos deputados do PP renuentes coa nosa lingua a que a perfeccionen, esquecéndoselle citar que consello dará aos seus conselleiros e conselleiras instalados teimosamente no castelán (o 40% do seu goberno).
Non deixa de ser curioso que nestas dúas primeiras semanas do goberno Feijoo fose a cuestión lingüística o seu primeiro e case único afán, empregando argumentos políticos torpes e moi escasamente elaborados, sempre temerosos das críticas de Galicia Bilingüe, a asociación que na entrevista da COPE citou como «asesora do goberno» nos temas de política lingüística, unha afirmación que non debería pasar desapercibida. Como tampouco deixa de ser chocante que non fora nomeada aínda a persoa que se responsabilizará da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sen dúbida, encargada de executar de forma inmediata a prometida reforma do decreto e de inventar ese novo modelo de «bilingüismo cordial».
No entanto, o que non deixa de ser extraño é como Feijoo quedou enleado e paralizado coa cuestión da lingua.Dende aquela suxa campaña electoral, onde para el todo valía, Feijoo deixouse levar polos cantos de serea dos membros de GB que, tras os resultados do 1-M, nun alarde de egotismo esaxerado lle venderon que foron eles os que lle deron a súa sorprendente vitoria. Algo que sabemos é rotundamente falso, xa que, entre outras moitas posibles razóns, foi a síndrome bipolar do bipartito a que upou aos conservadores a San Caetano. Collendo arteiramente polos fíos esa falsidade, os membros deste minoritario grupo galegófobo consideran agora ao novo presidente apenas coma un simple refén que debe executar as súas políticas: hoxe no sistema educativo e nas oposicións á función pública, mañá nos museos, pasadomañá sabe deus en que… Mais o que resulta máis paradóxico e decepcionante é que Feijoo (moi mal asesorado nesta cuestión, na que teñen obriga de intervir outras entidades e institucións como a Academia e o Consello da Cultura Galega) asuma acriticamente esta condición subalterna. Observando con piedade as intervencións contraditorias de Feijoo compréndese que non sabe como saír deste labirinto. Porén, teno ben doado, xa que hai só dúas posibles portas: atender os chamados razoables da maioría da sociedade galega, que pretende continuar o difícil e complexo proceso de recuperación da lingua galega (e polo tanto o modelo consensuado ao longo do proceso autonómico), ou atender as voces dunha minoría galegófoba que baixo os argumentos da liberdade de elección lingüística abre a porta da desaparición institucional do noso idioma (e polo tanto fende un consenso de tres décadas da súa promoción institucional). Cun pouco de afouteza Feijoo pode saír canto antes deste labirinto que ameaza hipotecar unha lexislatura que comezou da peor das maneiras posibles. Será quen? Deixarano? Quererá?
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).