Cultura democrática
No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.
No artigo da semana reflexiono sobre a implantación das tres materias de «Educación para a Cidadanía» que para min teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento dunha cultura democrática.
Ten razón Xabier Cordal, as desculpas de Steiner están cargadas de dinamita. Se ben «pide sinceras disculpas» e admite que as súas declaracións sobre o galego foron froito dun «comentario irreflexivo», a continuación afirma que a súa foi «unha resposta ó chauvinismo rexional que ameaza agora a unidade de España», o que non ven máis que agravar a polémica. Que entende o profesor de Cambridge por «chauvinismo rexional»? Para el o uso das linguas oficias españolas ameaza a «unidade de España»? Hai veces que é mellor ter a boca calada, xa que se pretendía desculparse por «irreflexivo», agora este comentario máis meditado semella moito máis grave (considerar as linguas oficiais españolas como ameaza é outro disparate). A verdade é que os prexuízos culturais e a visión política deste señor non dan máis de si. Creo que é estéril continuar tirando dese fío, ben sabemos que non é todo ouro de lei.
Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia as recomendacións que diversas persoas da cultura galega fariamos ao señor Steiner para desmontar os prexuízos sobre a nosa literatura. Un interesante canon espontáneo das nosas letras.
Actualización (21-09-2008): «Steiner, no; nosotros», Suso de Toro. Un artigo moi recomendable e clarificador.
Vía Leroy Gutiérrez.
Impresionante! A noticia é mellor que a maioría das páxinas de humor de Ozú! Esta xente toleou de tanto reiterar a súa mentira.
Un grande acontecemento para Galicia e para a nosa LIX. Quedan dous anos de duro traballo.
Opaco montou este formidable álbum de Picassa no que se recollen duascentas fotos dos arquivos dos fotógrafos vigueses da memoria (Prosperi, Pacheco, Llanos, Magar). Unha fonte de memoria para a nosa cidade de sal. Beizóns.Vía: Trafegando ronseis
Lándoa. Marxes de texto é un blog a seguir. Recoméndoo vivamente.
Este serán homenaxereamos a Francisco Taxes na Coruña. Unha oportunidade para lembrar ao autor d’ O velorio e doutras pezas primeiras do teatro galego da segunda metade do século XX. No acto participarán o seu fillo Xurxo, Ramón Nicolás, Manuel Rivas e Ánxela Bugallo.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
