Instituto Rosalía de Castro

Xosé L. Méndez Ferrín continúa a súa serie de artigos no Faro de Vigo sobre “Arquivos, bibliotecas e museus“. Hoxe reclama a creación do Instituto Rosalía de Castro, de promoción da lingua e literatura galega no exterior, prevista na aprobada Lei do Libro e a lectura. A argumentación do mestre é dificilmente rebatible:

“Toda nación, e Galicia éo, debe dotarse de centros no extranxeiro nos que se difunda a súa lingua e a súa cultura propias. O goberno da Generalitat de Cataluña así o pensou e instituiu con nome de Ramon Llull unha serie de centros no mundo nos que a lingua e a cultura catalás se fai presente. Tense pedido unha e outra vez que a Xunta funde un organismo desde tipo, ao mesmo se lle ten dado o nome de Rosalía de Castro, pro non parece que vaia ser moi axiña realidade. Fraga Iribarne non quería un instituto internacional de Galicia por non ofender a idea de España única. Non sei por que Touriño e os seus socios que se reclaman do nacionalismo (naturalmente non independentista, san e ben entendido) se resisten á posta en funcionamento do Instituto Rosalía de Castro e sofren a humillación, aparentemente con gusto, de que sexa o goberno de Madrid a través de Instituto Cervantes que se apiade da nosa lingua e da nosa cultura e, por man de C.A. Molina vai facendo perceptibeis, poñamos que en Damasco, pequenas evidencias de que existimos e somos diferentes e que Álvaro Cunqueiro escribía en galego sobre Simbad.”

Dominio público

Recomendo a lectura do artigo da filósofa María ToledanoEspacio público y democracia de mercado“, recuperado oportunamente por Pablo Eifonso (moi obrigados). A diferenciación entre o público e o colectivo seméllame moi lúcida nestes tempos de confusión do capitalismo impaciente. Recupero un fragmento significativo deste interesante artigo:

“La confusión semántica avanza. Llaman “público” a los servicios generales, la intendencia básica de la comunidad: sanidad, educación y transporte. El término “colectivo” ha desaparecido del vocabulario. Cada vez que el complejo tecnológico-militar acelera el ciclo del turbocapitalismo (la expresión es de Luttwak), la socialdemocracia apela a la conservación del dominio público como si se tratara de proteger una reserva natural: flora y fauna. Pese a la apariencia de libertad, el modelo económico de intercambio entre empresas y naciones diseñado por el capitalismo financiero –al principio fue el verbo, Bretton Woods, 1944– constituye la única realidad posible. Afirmar que la democracia es incompatible con el capitalismo –como se demuestra en infinidad de países– les parece una excentricidad radical. En este territorio de progresía, aeropuertos internacionales, aristocracia obrera, segundas residencias y EPS encuentra la socialdemocracia su tradicional bolsa de votos. Los conservadores, más proclives al modelo liberal puro, apelan al autoritarismo, el orden, los valores de la familia, la religión y la eficacia.”

Etiquetas:

Hemorraxia do mar

No artigo da semana volvo sobre os naufraxios. Galicia non pode aceptar continuar sendo un país de náufragos, unha experiencia perturbadora e dolorosa para as familias das vítimas, tatuada xa na memoria colectiva como un sinal da nosa identidade complexa. A hemorraxia do mar galego debe ser atallada.

Etiquetas:

Un ano para a lectura

Cincocentos escritores e intelectuais británicos dirixíronse ao seu primeiro ministro para solicitarlle, diante dos fracos resultados en comprensión lectora dos estudantes británicos no informe PISA, que se dedique o ano 2008 á lectura. Idéntica preocupación comparte Channel 4, unha das canles privadas de televisión de maior audiencia, que na súa franxa de prime time decidiu emitir “Lost for words. The Fight To Help Kids read” (“A loita para axudar aos nenos a ler”), un orixinal e entretido programa no que aparecen coñecidas figuras (deportistas, músicos ou actores) en actitudes lectoras. En Galicia, como no resto do Estado, a pesar de ocupar o posto número trinta no desenvolvemento desta competencia de comprensión lectora (o Reino Unido, o décimo noveno) este dato non alarma en exceso nin aos intelectuais nin aos programadores das televisións nin á maioría dos nosos responsables políticos. Porén, é innegable que, como amosan o informe PISA e outros moitos datos estatísticos sobre hábitos culturais (onde continuamos na cola das CC.AA., sexa na compra de publicacións impresas, nos índices de lectura de libros ou na frecuencia na visita ás bibliotecas públicas), temos un serio problema de lectura. Máis aínda, cando os índices de lectura son hoxe indicadores parellos aos de benestar, civilidade, igualdade, competitividade e innovación empresarial. Inmersos xa de cheo na sociedade da información, a lectura xa non pode ser identificada como un hábito de lecer de minorías ou élites vencellado ao goce das obras literarias impresas. A lectura na sociedade do século XXI debe ser considerada como unha competencia imprescindible, adquirida por todos os cidadáns, que permite comprender criticamente un mundo saturado de textualidade, sexa impresa ou dixital. A lectura, concibida con esta radicalidade de ferramenta crítica, e o seu fomento –vencellado, tamén no caso noso, á potenciación dos procesos de alfabetización informacional e normalización lingüística– entre todos os sectores sociais e segmentos de idade debería transfórmase na prioridade de todas as políticas culturais, educativas e de igualdade a desenvolver no país. En Galicia tamén precisamos un ano para a lectura.

Publicado na revista Tempos Novos, “Obertura”, número 128, xaneiro de 2008

Etiquetas:

Feira do libro da Habana

Hoxe presentouse o programa da participación de Galicia na Feira do Libro da Habana do vindeiro mes de febreiro. Aquí pode descargarse o dossier elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte con toda a información sobre tan importante evento (actividades, participantes…).

Arquivos, bibliotecas e museos (II)

Xosé L. Méndez Ferrín volve hoxe no Faro coa prometida segunda entrega sobre “Arquivos, bibliotecas e museus“. O mestre atina de cheo no diagnóstico sobre os nosos centros da memoria, ao tempo que proporciona o necesario contexto histórico do seu modelo inserido (a pesar da Autonomía) nun desfasado modelo provincial.
Reproduzo os dous últimos parágrafos, onde define o que debe ser a biblioteca actual e denuncia a precaria situación dos nosos arquivos e a inexistencia de arquiveiro municipal na cidade de Vigo:

“Na mentalidade contemporánea existe un desprezo real polos arquivos, as bibliotecas e os museus. Dise abertamente que son depósitos de cadáveres e sitios de armacenamento de obxectos poeirentos. Os máis listos revalidan en explicarnos como un museu ou unha biblioteca pode convertirse en centro de cultura “viva”, deixando desarrollada a garrafa do tópico. Poucas xentes de decatan de que as bibliotecas necesitan, en primeiro lugar, bibliotecarios de carreira e formación, recrutados en oposicións libres e públicas, porque sen eles non é posibel a biblioteca. Logo, amplisimos espazos para depósito, para clasificación e para lectura. E libros, moitos libros e impresos. Só en derradeiro lugar as bibliotecas precisan das novas tecnoloxías e das actividades culturais e representacións e happenings (non digo que non estea iso mal).
En canto aos arquivos, eles son o basamento da memoria da nación, os lugares onde a documenta espera polo ollo crítico, o sitio da verdade histórica. Vexan como Galicia coida dos seus arquivos. O derradeiro arquiveiro municipal de Vigo foi José G. Posada-Curros que, de vivir hoxe, tería moito mais ca cen anos. Desde a súa xubilación, o posto de arquiveiro municipal nunca foi provisto nin convocada oposición entre titulados. O arquivo municipal de Vigo está instalado en dependencias insuficientes e en mas condicións nas sotos do Palacio Municipal e o seu responsabel soe ser un funcionario non capacitado técnica e especificamente para este labor. O caso do arquivo de Vigo ilustra o que estamos a decer. Ou sexa: todo para o fútbol e todo para a cultura endendida como fanfarria e espectáculo.”

Etiquetas:

"A neve do tempo"

Hoxe presentamos en Ourense A neve do tempo, un fermoso libro de arte froito da colaboración entre o escritor Alberto Pascual e o pintor José Antonio Ocaña. Para o crítico Juan Carlos García Alía, ambos os dous autores “forxaron un valioso libro de artista por cuxas páxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a propósito do amor, a terra, a vida e a morte, as dúbidas, encamiñan ao lector ao goce analóxico de dúas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e as suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrílico e impresións dixitais”. “A xa vedraña relación pintura-poesía, que clava as súas raíces na antigüidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristóteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexión do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os límites interartísticos argumentadas durante séculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composición na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do típico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografía, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autónomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creación. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflúe ao xeito dunha percepción do visible e o sensible a través dunha vertente xánica –pintura e poesía–, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre dúas verbas se desangra A neve do tempo.

Etiquetas:

Centre for the promotion of Galician Literature in Translation

A raíz da miña proposta de creación dunha Oficina do Libro Galego, como xestor da estratexia de promoción da literatura galego a nivel internacional, o amigo Jonathan Dunne (o máis importante tradutor da literatura galega ao inglés) remíteme este enlace coa páxina do Centre for the Promotion of Galician Literature in Translation (CPGLT) que creou en 2000 cando traballaba na Universade de Bradford.
O recurso é utilísimo para a promoción da nosa literatura en inglés (inclúe textos traducidos e referencias de Mendinho, Rosalía, Cunqueiro ou Manuel Rivas) ou a relación de textos da literatura galega traducidos ao inglés (até 2001). O traballo de Dunne (que actualmente está traducindo ao inglés Os libros arden mal e ten lista para a edición unha magna Antoloxía histórica da literatura galega bilingüe inglés-galego) demostra que é absolutamente viable, se houbese vontade institucional abonda, acometer un proxecto deste tipo dirixido ao marco profesional e comercial da edición internacional (editores, axentes literarios, “scouts” e profesores de estudos galegos), na que se incluísen traducións de mostra, sinopses, entrevistas con autores, información sobre axudas públicas. Non deixaremos de insistir nesta idea que cremos viable e imprescindible.

Como mostra do traballo desta iniciativa xenerosa reproducimos a tradución da cantiga de Mendinho (xa traducido a vinte e oito linguas), realizada polo propio Jonathan Dunne sobre a edición de Tavani:

At Saint Simon’s chapel I took my seat
and was caught by the waves, how tall they seem.
I was waiting for my friend! Will he come?

At the chapel before the altar-stone
I was caught by the waves, they seem to grow.
I was waiting for my friend! Will he come?

And was caught by the waves, how tall they seem,
I have no boatman to row for me.
I was waiting for my friend! Will he come?

And was caught by the waves, the sea below,
I have no boatman, nor know how to row.
I was waiting for my friend! Will he come?

I have no boatman to row for me,
fair maid I shall die on the open sea.
I was waiting for my friend! Will he come?

I have no boatman, nor know how to row,
fair maid I shall die on the sea below.
I was waiting for my friend! Will he come?

Etiquetas:

Homenaxe a Siro

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico, ilustrador, debuxante, caricaturista, xornalista de La Voz de Galicia, escritor dramático, ensaísta, conferenciante, pintor e tantas outras cousasSiro López Lorenzo pola súa traxectoria profesional o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago. O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán os xornalistas Xosé Luis Vilela, Xosé Luís Barreiro Rivas, Bieito Rubido , Xulia Díaz , Miguel Túñez (decano da Facultade de Ciencias da Comunicación) e os humoristas gráficos Pinto & Chinto que farán unha pequena achega á traxectoria do noso admirado Siro. Ademais, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada a esta merecida homenaxe a un dos nosos clásicos será libre.

Etiquetas:

Naufraxios inevitables?

Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para facer fronte a estes temporais? Cál é a razón de que non se pechen os portos con condicións climatolóxicas tan adversas? As competencias e seguridade e salvamento marítimo non deberían ser transferidas de vez a Galicia? Preguntas que alguén debería responder, aínda que esteamos en plena campaña electoral.

Infografía: Galicia hoxe (picar sobre ela para vela grande).

Recomendo a lectura da documentadísima anotación de hoxe de Couselo: Los marineros gallegos y Portos de Galicia en el “año de la polka”.

Etiquetas: