Portadas 2007 (Kalandraka) IV

As portadas de Kalandraka son arrolladoras. Para min estas dúas de Josse Goffin son excelentes:
ah!
Deseño de Josse Goffin

Oh!
Josse Goffin.

Etiquetas:

"1977", curta de Peque Varela

1977 – film clip

Añadir a mi perfil | Más Videos

Hai varios meses tiven a oportunidade de ver completa esta curta de animación de Peque Varela que foi seleccionada agora para participar no Festival de Sundance. Un gran traballo da animadora ferrolá. Beizóns.
Etiquetas:

Entrevista a Ramiro Fonte

A entrevista a Ramiro Fonte do Luzes do pasado venres merece pasar ao arquivo. Quedo coa derradeira resposta do autor d’ As pontes no ceo:

“O que aínda non conquistamos son eses 5.000 lectores cultos, que len libros e que lles gusta a literatura. Unha das cousas das que estou máis orgulloso con este libro [a triloxía Vidas de infancia] é de que, malia a que posibelmente sexa pouco lido nos círculos da cultura, si que o le, ou vai ler, xente que nunca se achegou a un libro e que van facer o esforzo de ler en galego por primeira vez. Xente da miña vila que farán que o libro rache ese círculo. Pero o problema da nosa literatura e da nosa produción cultural é crear unhas zonas de recepción ilustradas. Nunca houbo este fondos económicos e, no entanto, onde está un Otero Pedrayo? Onde está un Risco? Onde un Cunqueiro?”

Recoméndoa.

Etiquetas:

Portadas 2007 (Difusora de Artes e Letras) III

Difusora de Artes e Letras coida moito o portadismo. Gustei moito desta do seu libro sobre os incendios.

Laisser Faire. Os incendios en Galiza. Testemuños 2004-2005.

Etiquetas: Portadas_2007

Portadas 2007 (Galaxia) II

Galaxia tirou este ano moi interesantes portadas na súa colección “Literaria”. Algunhas como a de Panchez paréceme do melloriño que se ten feito en portadismo editorial galego nos últimos anos. Aí vai a miña escolla:

Made in Galiza.
Deseño de Manuel Janeiro sobre imaxe de Pánchez.

Así nacen as baleas.
Deseño de Manuel Janeiro.

Non me deixes nunca.
Deseño de Manuel Janeiro sobre foto de Vari Caramés.

Etiquetas:

Portadas de 2007 (Xerais) I

Creo que é unha boa idea a de The book design review de ir publicando as portadas do ano que se consideran máis interesantes. Aí van as primeiras, correspondentes a novidades que editamos en Xerais:

A lúa dos Everglades.
Deseño de Miguel Vigo sobre foto de Fran Herbello.

O único que queda é o amor.
Deseño de Pablo Auladell.

Vidas post-it.
Deseño Revision.

O ceo dos afogados.
Deseño de Miguel Vigo sobre imaxe de Antonio Seijas.

O escaravello de ouro e outros contos.
Deseño de Miguel Vigo sobre ilustración de Javi Montes.

Xeografía 3º ESO.
Deseño de Miguel Vigo sobre imaxe e escultura de Villalobos.
Etiquetas:

Literatura e mercado

Lúcida anotación de Mario sobre o sector editorial galego, ao fío doutras polémicas que abordamos no blog e sobre as que volveremos na vindeira semana. Mario pon o dedo na chaga cando afirma:

“Obviamente é desexábel que a industria editorial non sexa un pozo sen fondo onde van caer os cartos de todos, é desexábel que se faga un investimento racional e adeacuado e que se garantice a súa independencia. Tamén é certo que a rendibilidade económica, salvo situacións anormais, pode ser un indicio da rendibilidade social. Porén, non creo que o mercado editorial galego deba xustificar a súa conversión nun instrumento comercial, ou ter que renunciar á súa identidade e función para seguir existindo.”

Recomendo vivamente a lectura de texto tan clarificador.

London 2012

Ás portas da celebración da cita olímpica de 2012, Londres xa comezou os preparativos para un evento co que as autoridades pretenden mudar completamente a súa fasquía urbana. A renovación do espazo de Wembley realizada por Sir Norman Foster xa é unha impresionante realidade que nos deixou moi ben impresionados, non tanto polo seu carécter de peza da chamada “arquitectura escultórica”, como pola flexibilidade coa que foi concibida, moito máis alá dos usos dun estadio de fútbol.
Con todo, a presenza social do futbol continúa sendo omnipresente en toda a cidade. E non me refiro nin aos tinglados turísticos de venda de camisetas e iconografía dos equipos da Premier, nin ao espazo ocupado pola “información” futboleira nos medios de comunicación nin sequera ao desfile continuo de seareiros uniformados por estacións e aeroportos. Refírome ao feito de que o fútbol comeza a gañar os espazos da cultura, algo que entre nós aínda está case vedado ou considerado como unha excentricidade. Así as biografías dos futbolistas (xunto a doutros deportistas) ateigan os andeis de “non ficción” das librarías nesta campaña de Nadal. Así o escritor Nick Hornby se presenta na lapela da súa máis recente novela xuvenil (dedicada ao skate) como “escritor e seareiro do Arsenal”, educado en Cambridge University e Highbury (podemos imaxinar que un dos nosos narradores se atrevese a semellante presentación?). Así a cartelaría futbolística centra os escaparates de Carnaby como un dos seus primeiros reclamos, adquirindo noutros casos a categoría de pezas artísticas expostas ao pé da Tate Modern. Aí van algunhas destas pezas que fotografamos en diversos espazos urbanos londinienses.

Etiquetas:

Campo do Fragoso L

REMONTADA HEROICA
Os dez últimos minutos abondaron para que o Celta resolvese un encontro que dende a bancada dabamos por perdido. A expulsión no minuto dezaseis de Diego Costa (un xogador de indubidable calidade, mais que precisa madurar moito profesional e humanamente) malogrou o devir dun partido que o Celta comezou moi ben, apupado por cada unha das galopadas desequilibrantes pola banda de Quincy Owusu. En inferioridade, os de López Caro foron deixándose dominar polos pícaros sevillistas que, a piques de finalizar a primeira parte, sen buscalo atoparon un gol de falta nunha das cantadas ás que xa nos ten afeitos esta tempada Pinto. Coa reanudación, a pesar de modificar o esquema táctico (Canobbio subiu á media punta), non melloraron moito as cousas, transcorrían os minutos cun Celta desesperante na súa actitude indolente e incapaz de introducir un certo sentido no seu xogo atacante, semellando que marraría outra vez as posibilidade de engancharse na loita polo ascenso. Afortunadamente, foron as saídas de Guayre e Perera as que revolucionaron a temperatura anímica celeste. Unha gran xogada do canario permitiu que o estremeño cazase (no seu mellor estilo de bota de ouro) a igualada. O tanto espertou a un Quincy xenial que nunha das súas intentonas, cando faltaban só dous minutos, marcou o segundo tanto. Perera aínda tería outra oportunidade clarísima, salvada polo gardarredes andaluz, para aumentar o marcador. Dez minutos de coraxe, electrizantes, xogados co corazón, foron suficientes para devolvernos a ilusión. Con todo, esta primeira e importantísima vitoria (desas de seis puntos) de López Caro en Balaídos non pode ocultar as evidentes carencias que amosaron os celestes: a portaría está frouxa, a defensa sen Lequi e Contreras é moi fráxil, os medios centros son por agora interesantes proxectos de futuro (especialmente Mario Suárez), a dianteira sen Okkas (lesionado) e cun Canobbio e Núñez descentrados ten escasa pegada, e a dirección do adestrador (o que nos parece moi inquedante) tan ríxida como vacilante nos momentos máis decisivos. Celebremos con prudencia esperanzada esta ledicia, aínda que este Celta non está para botar moitos foguetes.

Etiquetas:

Premios edición 2007, finalistas

Acaban de anunciarse os títulos dos libros finalistas dos Premios da edición 2007 que serán entregados o vindeiro venres na Coruña no transcurso da IIIª Noite da edición.

Durante A noite da edición 2007 serán homenaxeadas tres editoras galegas: A Nosa Terra, Alvarellos editora e La Voz de Galicia.