Campo do Fragoso XXVIII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasDESENCONTRO
A afección ten razóns para estar descontenta co Celta desta tempada. Os magníficos resultados e a consistencia do equipo fóra da casa (un dos mellores conxuntos como visitante) non se corresponden nin cos seus raquíticos resultados (apenas cinco puntos de vinte un posibles) nin coa intermitencia do seu xogo nos encontros de Balaídos. Esta comprensible decepción dunha bancada moi esixente, ansiosa de velo xogar na casa coa consistencia que amosa nos partidos televisados, estase traducindo nunha severísima como, para min, inxusta relación cos xogadores e, especialmente, co seu adestrador. Balaídos converteuse así para os celestes nun inferno máis que no escenario para sentirse agarimados e protexidos polos seus máis incondicionais siareiros. Onte volveu aparecer este desencontro nun partido intenso (o máis fermoso desta liga), desputado por dous conxuntos que quixeron a pelota e que estragaron moitas oportunidades claras en ambas as dúas portas. A primeira parte foi, sen dúbida, para os galegos mercede ao control do mediocampo, onde moito mandaron Iriney (secou ao perigoso Riquelme) e Oubiña, e a unha banda dereita onde Ángel e Gustavo desbordaron canto quixeron. Na segunda mudaron as tornas, o Villarreal gañou o control do xogo, o que non impediu que os célticos tivesen tres grandes oportunidades nas botas dun actívismo e sacrificado Baiano. Noutro contexto, este xogo perigoso e a vontade de vitoria do Celta, a pesar do empate, abondarían para deixar máis que satisfeita á bancada; mais sometidos a esta presión, o encontro rematou de forma moi tensa con apupos a Fernando Vázquez por mor do cambio de Baiano, solicitado previamente polo dianteiro (un malentendido). A reconciliación do equipo coa bancada é urxente se queremos acabar con este perigoso desencontro.
Palabras contadas
/en Autores, Narrativa, Novidades, Xerais/por bretemasA vindeira semana comezarán as presentacións (onde haberá moitas sorpresas) por diversos bares do país do novo libro de Camilo Franco, Palabras contadas. O libro inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve Camilo aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. Palabras contadas deu pé á próxima exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición, que tenta aproveitar dúas posibilidades que quizais non se deron antes na historia da narración. Recomendo a entrevista co autor que aparece hoxe na Voz.
A hora de Galicia
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Política/por bretemasNo artigo da semana propoño unha reflexión sobre o axuste da hora de Galicia. A verdade é que ben diferente á do editorial de hoxe do propio Faro.
Memoria do 36
/en Educación, Historia/por bretemasOs meus compañeiros Antón Costa e Xosé Manuel Malheiro prepararon un interesante número do Vieiros na escola sobre a morte, depuración e exilio do profesorado de Galicia provocados polo Franquismo. Moi recomendable, tanto dende o punto de vista didáctico como da información e enlaces actualizados que achega sobre a cuestión.
Jerome Murat
/en Artes Visuais, Vídeos/por bretemasA morriña no blogomillo
/en Blogs, Eventos/por bretemasAborrezo a nostalxia polo tempo pasado, unha actitude xeralmente paralizante e moi pouco eficaz para construír un futuro incerto. Tecer e ganduxar a rede de blogs galegos como se ten feito, en apenas tres anos, é un éxito colectivo que nos debería de encher de orgullo a todos os que participamos dunha ou doutra maneira neste patchwork. No entanto, proporcionar consistencia e maior participación ás pequenas comunidades temáticas transversais (blogs políticos, culturais, gastronómicos, científicos…) ou aos grandes puntos de encontro son novas e moi produtivas tendencias no blogomillo –a pesar de que como fenómeno morreu e debemos aceptalo, “blogomillo” continúa sendo un termo eficaz para referirse aos blogs publicados en galego– que deberían constituír o eixo das nosas preocupacións moito máis que esa paralizante morriña sobre un tempo pasado que nunca máis se vai repetir.
O crecemento imparable do blogomillo e a modificación vertixinosa do propio soporte (cando morrerá, tamén, a escrita blog tal como hoxe a coñecemos?) son circunstancias que requiren novos tipos de análise e reflexión menos complacientes que as empregadas ata agora. Creo que chegou o momento de que todos os blogueiros galegos interesados nos xuntemos, ao xeito dun Primeiro Congreso dos Blogs en galego, para analizar e reflexionar devagariño de ónde vimos, ónde estamos, cara ónde queremos e podemos ir co noso blogomillo. Ademais, teriamos a oportunidade de compartir cervexas e longos parrafeos entre tanta boa xente.
Premios da Edición 2006
/en Edición, Eventos/por bretemas- Premio Ánxel Casal ao Libro de 2006: Feismo. Destruír un país. A fin do territorio humanizado de Antón Baamonde e outros (DIFUSORA DE LETRAS); O bosque dos raposos aforcados de Aro Paasilina (RINOCERONTE); O suxeito postmoderno de Rebeca Baceiredo (GALAXIA); Os libros arden mal de Manuel Rivas (XERAIS) e Terra e nostalxia. Galicia rural de Gwendolyn Luo (BAÍA).
- Premio Lois Tobío ao Libro traducido de 2006: A posibilidade dunha illa de Michael Houellebecq, tradución de Isabel García Fernández (RINOCERONTE); Arthur e George de Julian Barnes, tradución de Xesús Fraga (RINOCERONTE); As aventuras de Pinocho de Carlo Collodi (KALANDRAKA) e Don Xoán (Contado por si mesmo) de Peter Handke, tradución de Luís Fernández Rodríguez (SOTELO BLANCO).
- Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado de 2006: A banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso (KALANDRAKA); A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, ilustrado por Miguelanxo Prado (GALAXIA); Arquitectura popular de Galicia de Pedro de Llano, fotografías de Juán Rodríguez e debuxos de Alfonso Salgado (XERAIS); Carrilanos de Rafael Cid (XERAIS); Cogumelos de Galicia de Carlos Silvar, Marisa Castro e V. L. Román (A NOSA TERRA); O pirata metepata de Toño Núñez (BAÍA) e Smara de Paula Carballeira, ilustrado por Carole Hénaff (KALANDRAKA).
- Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil de 2006: A sombra descalza de An Alfaya (XERAIS); Corre, corre, cabaciña de Eva Mejuto (OQO); Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz (XERAIS) e Sari, soñador de mares de Marcos S. Calveiro (TAMBRE).
- Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial 2006< /span>: Biblos; Programa Libro aberto de TVG e Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor de 2006: Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC; Manuel Rivas e Teresa Moure.
Durango 2006
/en Edición, Eventos/por bretemasVidas exemplares no Bar Plaza
/en Autores, Narrativa, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemasNa súa intervención Uxía Casal sinalou que nestes relatos pretendeu partir de situacións cotiáns para explorar a crueldade do mundo e propoñer a fantasía como unha realidade paralela. Suxerir e desacougar ao lector, creando atmosferas envolventes cun final inesperado, que revolcase ao relato, foron outras das súas pretensións. Uxía defendeu unha prosa inzada de musicalidade artellada sobre a economía de medios e a precisión lingüística (rememorando a cita de Patricia Highsmith: “todo o que sexa superfluo nun texto, sobra”). A pesar do ballón e do estado calamitoso da Vía do Barbanza volvemos para Sal máis contentos cun cuco.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.