Galicia en goles
/en Blogs, Fútbol/por bretemasCampo do Fragoso XV
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasFernando Vázquez sentenciara ao longo da semana que o encontro co Osasuna era un deses poucos nos que se desputaban sete puntos. Nun magnífico partido de defensa e contraataque os celestes conseguiron, diante dun dos seus rivais directos, seis. A expensas do que poida deparar no remate da tempada a diferenza de goles, constitúe unha boa renda para seguir con posibilidades de participar na vindeira Liga de Campións. A saída dos celestes foi un estourido de alegría. Non pasaran cinco minutos, cando Baiano, famento de gol, recortou con toda a súa potencia de John Deere a un dos centrais vermellóns e conectou un dereitón que deixou abaneando a bancada. A partir de entón, os de Vázquez xogaron con grande convicción ao fútbol que máis lles presta: sólida disciplina defensiva e veloz contragolpe entre liñas. O traballo de xigante de Oubiña, que en solitario roubou pelotas preciosas, entregándoas sempre con premura e sentido de verticalidade, e a tarde xenial de Canobbio, que ensaiou cambios imprevisibles na dirección do contragolpe, foron pouco a pouco desquiciando a un teimoso Osasuna que se emborrachou coa posesión do balón mais que nunca tivo o control do xogo. Tras o golazo de Canobbio, que burlou a marcaxe de Josetxo e caneou con enorme serenidade ao porteiro rival, a carreiriña eufórica de Fernando pola banda (algo que non viramos nesta liga), amosou a efectividade e coherencia do seu intelixente deseño táctico. Aínda con doce xornadas por diante, a continuidade deste Celta con tan sólida defensa e notable pegada pode levalo ónde ninguén soñara ao comezo da tempada.
Contedores e contidos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Vigo/por bretemasFoto da Casa das Palabras de J.Albertos.
Finalistas do San Clemente
/en Premios/por bretemasHoxe levei unha alegría cando coñecín a lista de finalistas galegas do premio Arcebispo Juan de San Clemente. Este premio a obras de narrativa editadas é un dos que máis valoro cada ano, xa que está outorgado por un xurado de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato de varios institutos de Galicia.
A moitos quizais lle sorprenderá a inclusión de Aguillóns de Ortegal, a última obra de Hixinio Puentes, da que ata agora se tiña falado ben pouco, xa que as outras dúas finalistas (gustáronme as dúas) xa obtiveron importantes premios e unha notable presenza nos medios. Porén, para min non constituíu unha sorpresa, xa que esta novela clásica de aventuras, ambientada durante a primeira guerra mundial, é unha das narracións máis orixinais e de lectura máis engaiolante das que temos publicado nos últimos anos. É unha boa noticia que, grazas a ser declarada finalista, estes aguillóns vaian emerxendo amodiño da invisibilidade (sabemos que custa moito alertar ao público sobre unha obra dun autor pouco presente nos medios e sen o aval dun galardón). Presentarémolos o vindeiro xoves.
A lingua dos xornais
/en Lingua, Medios/por bretemasO fetichismo das brétemas de papel
/en Blogs/por bretemasSouben hoxe de que hai tres semanas saíu publicada a reportaxe sobre os aditos ás libretas. Aínda que reivindico o pracer da caligrafía e o fetichismo de conservar as brétemas de papel numeradas, sei que é outro dos costumes chamados á extinción. Esta é a razón de que apareza como unha tendencia excéntrica?
Serea pétrea
/en Cultura, Vigo/por bretemasA foto é de Óscar Reixa.
Nova Cidade da Cultura
/en Cultura/por bretemasSemella que a recondución deste proxecto, baseado nestes criterios e nun proceso de participación amplo dos axentes culturais, permitirá meditar os contidos e axeitalos máis acaidamente aos espazos xa construídos ou proxectados. O anuncio da conselleira parece, pois, intelixente e bastante achegado, tanto aos criterios que promove o concello de Santiago –unha institución moi interesada na consolidación do proxecto–, como aos informes que está elaborando o Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega. O goberno bipartito dificilmente poderá deixar rematadas todas as obras, porén, a súa contribución será decisiva para racionalizar a iniciativa e poñela ao servizo do conxunto do país e da súa emerxente industria cultural. Reiteramos os parabéns á conselleira e ao seu equipo pola afouteza e serenidade para encarreirar tan complexo problema.
Creba o prezo fixo?
/en Cultura/por bretemasO enfrontamento entre libreiros e editores cataláns, a raíz dos descontos que a cooperativa Abacus está ofrecendo para as edicións catalana e española do novo Harry Potter, pode crebar de vez a fronte unida do sector do libro sobre o prezo fixo. Na maior parte dos países da Unión Europea, o prezo fixo (o determinado polo editor) é o garante de edición plural e democrática. O libro como ben cultural non pode ser reducido a unha mera mercadoría, onde primen só os criterios mercantís. Temo que este novo conflito abra a caixa dos tronos e, como xa está sucedendo coa cuestión da gratuidade (reducida nos medios de comunicación á modalidade de préstamo), aparezan decontado os defensores demagóxicos do prezo libre. Nunha indixente sociedade lectora coma a nosa isto podería sinalar o inicio dunha nova debacle para o sector da libraría e, máis tarde, para o futuro da liberdade da edición. Repararon moitos destes partidarios acérrimos das leis puras e duras do mercado, cal é a razón de que no Reino Unido sexa tan díficil publicar algún tipo de libros? Seguro que as grandes superficies e as cadeas de librarías están frotando as mans con semellante perspectiva.
O conflito entre editores e libreiros cataláns debe ser reconducido con altura de miras e capacidade de diálogo entre as partes, sen desbotar a intervención dos responsables do Ministerio de Cultura e da Generalitat de Cataluña, que deben asegurar que se cumpre o establecido na vixente lei do prezo fixo.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.