Fondo e forma

Txetxu recolle o fío da miña reflexión sobre contedores e contidos levándoa máis alá dos contedores museísticos e aplicándoa a toda realidade onde haxa un soporte-contedor e un contido, como pode ser o caso do libro. Txetxu atina de cheo cando afirma que existe unha tendencia social onde parece darse maior importancia ao “contedor” que ao “contido”. Necesitamos “visualizar” a existencia das “cousas” aínda que estean baleiras?