Onte 69: NGB e a obra social

A noticia non está no titular, aparece agochadiña no antederradeiro parágrafo: “Novacaixagalicia compra accións de Nova Galicia Banco cos fondos destinados para a Obra Social”. Deste xeito cumpriríase o desexo de Feijóo de aumentar a raquítica participación de NCG no novo banco, mais a custa de detraer unha cantidade, non precisada na información, deses 96 millóns de euros anuais reservados por NCG para o funcionamento entre 2012-2014 da súa obra social e cultural. En definitiva, o que popularmente se coñece por espir un santo para vestir outro. Semella que en compensación (eis o derradeiro parágrafo), NGB -por certo, un nome comercial moi parecido ao de ING- comprométese a mercarlle á NCG a súa importante colección de pintura galega (5.500 pezas, algunhas moi valiosas, como o famoso bebedor do ourensán Antonio de  Puga), unha solución de última hora para que a caixa vaia tirando como ben poida da súa obra social. Unha medida dubidosa que suscita moitos interrogantes. Coñécese a valoración desta compra e os seus criterios de taxación? Esta asegurado que os cadros non van saír do país?  Non debería intervir coa maior urxencia a Consellaría de Cultura para fiscalizar a operación, ao tratarse de pezas do patrimonio galego? Non é descartable que esteamos diante doutra posible desfeita. Isto da caixa semella que non ten bo arranxo, vaia por deus!

6 comentarios
  1. xos
    xos Dice:

    O da colección pictórica, é para miralo con detalle, porque puidera acabar ese patrimonio en mans privadas e mesmo fóra de Galicia.

    Outra cousa é o uso dos fondos para a obra social para mercar accións do Banco. Iso, en principio, tampouco ten por que estar errado. Pode ter agora moita liquidez a obra social, pero rematará pronto..Se se inviste parte desa liquidez en mercar accións do banco, en principio é para recoller máis beneficios (se os hai, claro) nos anos futuros. É unha inversión para nos tempos vindeiros dispor de máis recursos para a obra social. Ademáis, dá máis peso á Fundación no Banco. Non é necesariamente unha mala idea. Claro, outro tema é que non nos fiemos dos xestores da caixa.

    Responder
  2. Marylynn Malas
    Marylynn Malas Dice:

    There are many interesting things this article but I don’t know if I see all of them center to heart. There is some validity but I will take hold opinion until I look into it further. Good article , thanks and i would like to read more of this articles! Added to FeedBurner as well.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] os responsables de NGB (o nome comercial fóra do país) cualificaron o proceso de «éxito». Tras o proceso de liquidación da Obra Social e Cultural –velaí a marcha da caixa do patronato do MARCO–, é case imposible confiar no éxito desta […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará