Onte 555: Inmadurez

Tras o sucedido na noitiña do venres en Riazor, agoiro que o Celta perderá a categoría. Ademais da escasa actitude para encarar un derbi desta importancia (algo que a ninguén debe estrañar xa que Abel Resino coñece pouco os vimbios dos que dispón), o nefasto comportamento na lameira de Iago Aspas e na grada de Hugo Mallo amosou o fracaso da canteira da Madroa, á que a todas luces lle falta unha dimensión formativa. Non abondan as apelacións ao carácter eléctrico do de Moaña (xa chove sobre mollado) nin as desculpas cando quedan desolados no recanto do vestiario nin botarlle a culpa a twitter ou ás provocacións do veterano Marchena. O comportamento das nosas figuriñas en Riazor espiunas, puxo en evidencia a súa inmadurez deportiva, tanto dentro coma fóra da lameira. Deixaron noqueado ao seu equipo, mais tamén baixaron moitos enteiros na súa cotización no mercado do fútbol internacional (outro prexuízo máis para o Celta ao que tanto din querer). Un desastre, sen paliativos. O fútbol é un deporte de balón, mais tamén unha actividade social de primeira orde, razón pola que é exixible a todos os futbolistas profesionais (coma os amadores ou os que están en formación) un comportamento socialmente responsable e estritamente deportivo, guiado polos valores do fair-play cos rivais e da lealtade co propio equipo. Esta é a razón pola que as canteiras deben ocuparse de inculcar eses valores, emarcados nun esencial aspecto formativo da súa actividade. Foi para todos os celtistas o do venres un derbi nefasto, unha vergonza para as nosas cores, mais aínda cando vimos renacer ao Deportivo das mans de quen debía ocupar o banco noso. Ogallá me equivoque, a tempada para o Celta colleu a virada.

1 comentario
  1. Pedro F.
    Pedro F. Dice:

    Hola.
    Non muito de acordo o de aspas xa era esperado a este home faltanlle bombillas non da mais el mesmo demostra que non ten futuro, o de Mallo pese a foto co cartel do deportibo(grave) en ningón momento tiña relación con celtarras nin nada parecido..a prensa de madrid é feliz sacando basura respecto a nosa política,¿pediulles a esa xente alguén o carnet de celtarras? eran os seus amigos nada mais.o das ameazas e busqueda d epexa ..anecdota…xa aburre o centralismo e a prensa de Madrid basura absoluta..temos que loitar e tratar de salvarnos.Grazas.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará