Velaí unha versión de «El dinosaurio« de Augusto Monterroso, un booktrailer producido, tamén, por Gandhi. Se che gustou aquí tes outros onde escolleres. Moi interesante.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-08-07 11:53:372010-08-07 11:53:37Os booktrailers, anuncios e bolsas da Librería Gandhi
Velaí a entrevista que me fixeron o pasado luns no programa Bos días da TVG. A conversa (máis de dez minutos) xirou arredor do concepto de lectura e das oportunidades e retos do sector editorial nun proceso de tránsito.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/tvg126072010094719.jpg70118bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-29 19:53:252010-07-29 19:53:25«A lectura é unha axuda para entender o mundo»
”Un día, atopei un enorme libro soterrado na terra. Abrino, mais todas as súas follas estaban en branco…”, o vídeo de «Bachelorette» de Bjork é unha fermosa recomendación que ven da man de Iolanda Zúñiga.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-27 17:21:062010-07-27 17:21:06Rivas e Funke, novidades tras o verán
A historia da edición en Galicia aínda está por facer. Velaí esta peza publicitaria (hoxe chamaríamola «book-trailer», como estoutra a primeira da historia da edición en galego) que preparamos en Xerais hai dezaoito anos para presentar nos centros de Primaria e nas xuntanzas que faiamos co profesorado os materiais curriculares da reforma curricular da LOXSE. Transcorridos o tempo (fixémonos maiores neste traballo, como os mociños e mociñas do Colexio Martín Codax de Vigo que aí aparecen), vemos atrás con certa melancolía e orgullo o noso inequívo discurso galeguizador e de renovación pedagóxica, plenamente vixente. Convido a ver o vídeo de sete minutos e medio con eses ollos de escola galeguizadora.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-14 07:03:482010-07-14 07:03:48«O pracer de aprender» (1992)
Hai outros dousvídeos que completan esta longa entrevista co grande Galeano, moi recomendable (sobre todo o terceiro) para todos os que gosten escoitar falar de fútbol («ese pracer de dar ledicia») como unha expresión da cultura contemporánea.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-13 22:08:332010-07-13 22:08:33Eduardo Galeano fala sobre o Mundial 2010, o fútbol e a dignidade colectiva
Velaí a experiencia dunha primeira xeración de lectores e lectoras de libro electrónico. Interesante.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-10 07:54:242010-07-10 07:54:24«Da pedra ao ebook», experiencias sobre o libro electrónico
Bos amigos e amigas laiábanse onte no Facebook do escaso interese que para eles está tendo a Feira do Libro de Vigo. Sen pretender contradicilos e asumindo unha decepción de fondo, que comparto con eles sobre o modelo organizativo rotineiro desta Feira do Libro, froito da profunda crise da cultura participativa en Vigo (algo que merece unha reflexión devagariño), creo que, no obstante, se desenvolveron actos moi interesantes nos que quizais eles non repararon. Velaí esta performance do escritor Marcos Calveiro e o pintor Ramón Trigo, realizada o mércores 7 de xullo, coincidindo co delirio provocado polo equipo de Del Bosque. Outrosí sucederá, con certeza, coa magnífica intervención artística da escritora Teresa Moure, prevista para este serán, que se ven presentando con enorme éxito e interese por parte do público nesta xeira de Feiras do Libro de Galicia. A evidente insatisfacción polo modelo actual das Feiras do Libro de Galicia e pola función que cumpren neste difícil momento, caracterizado pola crise da edición cultural e de autor, como pola transición cara aos soportes dixital, non deben impedir que valoremos con xusteza algunhas experiencias tan valiosas como as citadas.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-09 17:03:412010-07-09 17:03:41Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo
A experiencia de eufalo.tv é memorable. Esta testemuña de Maruxa do Meloxo é unha marabilla. Recomendo moi intensamente difundila. Beizóns!
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-07 17:07:342010-07-07 17:07:34Eu falo: Maruxa do Meloxo, unha marabilla!
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png00bretemashttps://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.pngbretemas2010-07-06 21:50:202010-07-06 21:50:20«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer)